Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medios para a igualdade

miércoles, 10 de enero de 2018
O 2017 despediuse co peche tráxico do caso de Diana Quer e a aparición dos seus restos. Hai que lembrar que o que desencadea a resolución é un novo intento de secuestro por parte de Abuín e a posterior retirada da coartada por parte da súa parella. A isto hai que sumarlle a declaración da nai do asasino chorando, pedindo perdón entre bágoas e desexando que "o Chicle" pague a súa barbarie.

Tras estes feitos chega o debate, un tanto estéril sobre se é ou non é violencia de xénero. Resulta obvio que todos estes criminais sustentan a súa actuación nunha desproporción de forzas que lles dá o poder absoluto sobre a situación e porén sobre a vítima. Polo tanto, habendo unha relación de poder sustentada no xénero, pódese dicir que hai violencia de xénero. Non é necesario ter parella para exercer a violencia de xénero, chega con inferiorizar ao sexo oposto arrogándose o dereito a coartar liberdades e a decidir sobre a vida allea. Calquera crime contra a muller encadrado nunha situación clara de desproporción de forzas é violencia de xénero.

Vendo o tratamento do caso nos medios e certos comentarios, cabe pensar se somos un pobo tan demócrata e evolucionado como nos fan ver. Serve como exemplo comprobar como non aceptamos que unha rapaza de 18 anos poida saír de marcha soa, gozar dunha noite de festa e volver soa para a súa casa. Se os medios de comunicación e as redes sociais non admiten isto algo estamos facendo mal...

Quizais teñamos que pensar que a igualdade é moitísimo máis que fermosas verbas plasmadas na Constitución e diversas leis. A igualdade é poder saír sen medo á rúa, facer o que se queira libremente e volver á casa integramente máis alá do xénero...
...Se Diana fora un rapaz hoxe estaría vivo... entón é un caso máis de violencia de xénero... no que ademais a familia Quer López tivo que sufrir un xuízo público inxusto para eles e para a pobre Diana. Polo tanto cómpre deixar de discutir aspectos menores e pensar como vamos a educar para a igualdade e como podemos evitar futuros casos...

Xa é hora de asumir dunha vez que de nada vale a ciencia, as novas tecnoloxías e os idiomas se non educamos en valores. De nada vale educar en valores se os medios de comunicación permiten que certas opinións pseudo-documentadas senten cátedra. De nada vale indignarnos e consternarnos ante a barbarie que sufriu Diana se non asumimos a misión de difundir por todos os medios posibles a ideoloxía da igualdade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES