Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Separatismo e unidade (II)

lunes, 08 de enero de 2018
Deixabamos entrever no artigo anterior como todos aprenderamos nas escolas e nos institutos que a unidade e agrandeza de España foran forxadas por Castela, mais isto era, según diciamos, unha mentira que continúa aínda despois dos RRCC e de Carlos I, moi mal querido polos casteláns, polo feito de non ser deles; sen embargo, si é castelán o seu herdeiro Felipe II, que segue facendo gala do separatismo ao herdar o reino ou trono portugués e conseguindo a unidade da peninsula Ibérica, pero como bo castelán que é, só mira para o seu embigo cando os lisboetas lle propoñen que estableza a corte en Lisboa, e este, faltaría máis, non o acepta; grande mágoa para a unidade de España, xa que desta maneira conseguiriamos un maior poder naval e unha unidade que hoxe está truncada, froito sempre dese desexo separatista de Castela.

Que máis lle tiña a Felipe II cambiar a capital de Toledo a Lisboa, ou de Toledo a Madrid como a cambiou?, pero non, a obcecación e as ansias de separación e independentismo chegan ata hoxe coa disgregación de Portugal da Península Ibérica pola cabezonería deste monarca e a partires de aquí comeza a costa abaixo de España, e ninguén o di, pero este rei castelán é o responsabel, e aínda que se fala acotío dos méritos de Castela como forxadora da grandeza de España, ninguén di nin pío de quen forxou a súa ruína, que según podemos observar foi o orgullo e a soberbia castelá, moi ben representada nos escritores do Século XVII, Lope, Quevedo, Calderón . . ., nos que se reflicte ese orgullo e soberbia manifestada na honra do “castellano viejo” que presumía, como mínimo, de non ter sangue árabe ou xudea alomenos durante tres xeracións, e aínda que se fose atracador, raspiñeiro ou pícaro, e que froito dese orgullo e soberbia non retirase o sombreiro para saúdar, ou pasase fame por non traballar polo mero feito de ser fidalgo, como se acredita na nosa novela picaresca, aínda que todo isto tivese o castelán era perdoado se pola contra podía manter o orgullo de ser “castellano viejo”.

Por todo isto, debemos poñer en solfa o famoso mito castelán de ser Castela a creadora da unidade de España, e aínda para máis “inri” a identificación de español con castelán. Está ben que cadaquén enalteza ao seu pobo e que se magnifique a Castela e ao pobo castelán, mais non coido que para iso sexa necesario inxuriar ou ignorar ás outras rexións, rebaixándoas e pintando aos demais cibdadáns da Península como habitantes de segunda e como nos di Eduardo Menéndez Valdés “zánganos da colmea nacional, parásitos da gloria e do esforzo casteláns”, por todo o dito, hai que pensar que non é Castela, senón Aragón, Cataluña, Galiza ou León entre outros quenes fixeron os maiores esforzos por acadar a famosa unidade nacional e que hoxe en día os casteláns seguen reivindicando cando os cataláns tratan de ser independentes coma eles. Hai que ver, que mintireira é a historia feita polos vencedores!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES