Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O monstro do monte Gaiás

viernes, 03 de agosto de 2007
A cidade da Cultura de Galicia será o noso monstro do Lago Ness. Ogallá!.

O monstro do Lago, do que non existen probas pero hai crenza popular desde hai centos de anos, é un excelente atractivo para toda unha comarca da que se convertiu en primeira fonte de ingresos. E o monstro é noticia mundial recurrente nos medios de comunicación nos veráns ou calquera época de poucas noticias.

Aquí, a Cidade da Cultura, é noticia de cando en canto nestes últimos dous anos, utilizándose como arma coa que se agreden entre sí os partidos máis fortes de Galicia.

O PP defende a utilidade e viabilidade dunha instalación que pode ser expoñente da galeguidade. O PSOE e o Bng, unidos no Goberno de Galicia, entenden que esta macroestrutura nin ten xustificación nin utilidade, parecendo evidente que non se sabe que destino darlle no momento en que estea rematada, se chega a estalo.

Un informe do Consello de Contas veu recordar o tema, e o noso monstro foi de novo tema noticiable para discutir, aproveitando o goberno galego para recordar que a crítica que o Consello fai á instalación é á anterior etapa, estando na actualidade o tema no bo camiño.

Xa que ten similar presencia nos medios, é de desexar para ese noso monstro un papel dinamizador que faga que Galicia teña nel un buque insignia e contribúa ó noso progreso social e económico. En tanto, temos garantía de tema recurrente para épocas de seca informativa, coa vantaxe de que deste sí sabemos que existe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES