Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Morte da Parroquia Rural Galega

martes, 02 de enero de 2018
O esborrallamento da parroquia rural galega, tan fundamental ó longo dos séculos na organización do noso hábitat é unha realidade dende a metade do século pasado e moito máis agudizante nestes primeiros anos do século XXI.

Diferentes medios dan constancia do despoboamento da comarca chantadesa, da provincia de Lugo, e somos coñecedores de que é extensivo ó resto da Galicia interior.

A parroquia, en Galicia, comezou a formarse lentamente baixo a dominación romana, acadando as súas características fundamentais no século VI baixo o reino suevo. A nosa parroquia tiña dous aspectos moi singulares e complementarios: o económico e o relixioso e, como consecuencia de ámbolos dous, o cultural.

As parroquias eran un micromundo pechado sobor de si mesmo e perfectamente ben organizado. O párroco era a persoa con poder espiritual e tamén, ás veces, temporal e, en certo xeito, a cabeza visible da comunidade. O edificio da eirexa cumpría a función de ser o centro da parroquia e o lugar de encontro dos ferigreses: vivos e defuntos. Debido á desamortización do século XIX, os toques ou badaladas dos reloxios municipais doados por indianos a algunhas localidades sustituíron o soído das vellas campás eclesiais, anque non totalmente. De tódolos xeitos a secularización da vida comezou a penetrar no rural. O pedáneo nomeado polo Concello e o mestre comezaron a compartir co párroco a influencia nos seus veciños. O que estas autoridades ou representantes da autoridade ­–relixiosa, administrativa e educativa- residiran permanentemente no lugar dáballes un coñecemento profundo de toda a problemática veciñal. A súa influencia na parroquia resultou ser moi importante.

A parroquia, ó longo dos séculos ata os anos cincuenta do pasado, constituía unha grande familia. Ademais dos vencellos de parentesco que os habitantes podían ter entre si, facían moita vida comunitaria e moitos traballos eran compartidos: seituras, mallas, sachas, esfollas, vendimas, estilas e mesmo eiras, fornos, muíños, fontes, aproveitamento de montes e augas entre outros... En base a estas actividades formouse unha riquísima cultura material, verbal e ritual.

O comezar a despoboarse as nosas aldeas, crise agudizada hai cincuenta e moitos anos, abandoáronse os cultivos agrícolas, a broza foise apoderando de todo e as casas comezaron a esborrallarse, cando non desapareceron totalmente. Ademais, o sistema castígate si se acondiciona algunha casa ou simplemente se lle bota tellado novo. En vez de premiar o esforzo de rehabilitación o que che meten é o “catastrazo”, cun incremento considerable do pago de impostos. Resistiron algúns vellos e certos labregos reconvertidos en gandeiros, coas eivas e limitacións que todos coñecemos. Arredor das cidades os pequenos pobos utilízanse como lugares-dormitorio, habitados por xentes alleas ó lugar.

Dada a actual situación de abandono e desconcerto e aínda que non somos futurólogos, cavilemos o que ocurrirá no futuro. De seguir polo camiño que leva, arrepíanos maxinar como será a Galicia rural dentro de só vinte anos. Existirá realmente? E a Galicia urbana, que clase de híbridos seguirá a producir?
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania