Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Loitar contra as enfermidades mentais

martes, 31 de julio de 2007
Hai toda unha crenza ou lenda de que o inverno galego fomenta as enfermidades mentais, que a néboa, a choiva, a dispersión da poboación son elementos poderosos que inciden de forma decisiva na depresión e, en xeral, nos males relacionados coa mente.

O dato fíxose público na presentación do Congreso Nacional de Psiquiatría que se vai celebrar en Santiago a finais de setembro con dous milleiros de especialistas de toda España, sorprendendo a cifra de que un de cada catro galegos vai ter problemas de saúde relacionados coa mente nos próximos anos. A cuarta parte da poboación.

Sabendo esta tendencia, baseada sen dúbida en realidades coñecidas, algo ocorre en Galicia ó que cómpre prestar atención. Porque esa cifra que nos sorprende tradúcese en grave problema para a cuarta parte dos galegos e as súas familias, en custos de atención médica, en instalacións para atender ós afectados. Sabendo, ademáis, que este tipo de enfermidades son de máis difícil solución porque non son problemas físicos senón que todo está no mundo inmaterial da mente humano.

Seguro que a Administración galega coñece o tema e prevé a loita axeitada neste campo, pero de tódolos xeitos deixemos constancia do tema para quen non fose coñecedor da situación. Que canto máis prevenidos nos colla mellor solución terá, e se hai Plans de loita contra do cancro, a diabetes ou de protección da visión, un Plan galego de loita contra das enfermidades mentais parece ser totalmente necesario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES