Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mariana Pineda e Alfoz

viernes, 15 de diciembre de 2017
Mariana Pineda, nada en Granada en 1804, foi unha heroína que, no século XIX, loitou pola causa liberal , e morreo executada a garrote vil naquela cidade en 1831.

Moi xove empezara a involucrarse coa ”causa” e cada vez mais en contra dos partidarios do absolutismo e do rei Fernando VII.

Nun rexistro da súa casa, Ramón Pedrosa e Andrade, comisionado especial para as causas contra a Seguridade do Estado, especie de policía política, requisa unha bandeira de dous metros por un, na que se bordara con fío bermello o lema liberal : “Igualdade, Liberdade e Lei”.

Mariana é arrestada, acusada de conspiración e encarcelada. Ela, que non sabía bordar, encargara o traballo a dúas criadas.

Durante o xuizo, Pedrosa intenta convencela de que delate ás súas cómprices a cambio de perdoala; pero négase, e Fernando VII asina a sentencia de morte.

Federico García Lorca inmortalizou o episodio coa obra dramática “Mariana Pineda, romance popular en tres estampas”; no VII tomo da interesante serie “Mondoñedo, regreso al pasado” , recopilación de artigos publicados en diversos medios polo primeiro cronista oficial de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar e Guitián , realizada polo mindoniense Isidro Fernández,

Grazas á publicación do amigo Isidro , soubemos que don Ramón Canosa, quen levou ó cadalso á liberal Mariana Pineda, era un mariñán de Adelán-Alfoz, nado en 1786, na súa casa de Escoura; que fora Procurador Xeral do concello de Mondoñedo e xefe político do distrito; abogado da Real Audiencia de Galicia; Alcalde Maior e do Crime da Chancillería de Granada.

Pedrosa, detrás de Pineda moitos anos, detívoa baixo arresto domiciliario, mentres obrigaba a esconder a bandeira na casa, para que a policía atopara a proba de delito.

Pasado un tempo, en Escoura, Adelán, presentáronse 36 soldados que o conduciron preso ó Castelo de San Antón, na Coruña, onde se formou causa, sendo desterrado por seis anos a Filipinas. Tempo mais tarde marcharía a Roma, onde finou.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES