Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lograr a independencia

jueves, 26 de julio de 2007
Nunca poderei pertencer a un partido. Dunha banda, porque me falta raciocinio para elixir un entre tódolos demáis, existentes ou por crear. Doutra, a principal, pola miña absoluta falta de disciplina partidista. E eso, polo que se ve, é imprescindible para convivir, medrar ou pervivir nun partido na actualidade.

Eu non concibo a servidume dun asociado que sendo un mero afiliado non iguale en dereitos –tamén a elixir e ser elixido- ó máis sobranceiro da agrupación.

Eu non concibo que calquera autoridade, designada por pertencer a un partido, non quede liberada da disciplina partidaria, para que non resulte o cargo suxeito a outra autoridade superior a quen o exerce.

Por eso non comprendo como un cargo público pode participar nun acto partidario co perigo de que non quede perfectamente deslindada a función de representación que ten da de militante.

Xa sei que nestes tempos é dificilísimo ser independente, e nin eu nin ninguén o é de todo, porque sempre hai ataduras que condicionan, que limitan ou obrigan nunha dirección determinada.

Por eso comprendo que haxa persoas que tomen difíciles decisións como a de Josep Piqué diante de dificultades, barreiras ou atrancos. Digo Piqué por ser o caso máis recente, pero ningún grupo se libra de situacións que orixinan decisións coma a do dirixente catalán. Pero son poucos os que se animan a dimitir, poucos os que logran a independencia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES