Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que falen en galego!

jueves, 26 de julio de 2007
Referímonos ós funcionarios da Xunta de Galicia, na que existen importantes reductos nos que se emplea o idioma castelán cun ánimo de resistencia á tendencia imparable do galego na administración pública de Galicia.

Se Sarmiento, o bo frade bieito que hai séculos avogaba polo galego como idioma de Galicia, idioma que teria que ser empregado en diálogo entre administración e administrados, levantase hoxe a cabeza quedaría moi satisfeito en xeral, pero decepcionado por excepcións importantes dentro do entramado da administración en Galicia.

Haberá quen argumente outras procedencias para non
expresarse en galego. Pero do mesmo xeito que para traballar na nosa administración hai que coñecer as peculiaridades do noso dereito, así tamén hai que coñecer o idioma, a máis característica das nosas peculiaridades.

Por fin, as oposicións a prazas da Xunta de Galicia terán alomenos un exercizo en galego. Que menos!. Porque o que é incrible é que ata agora non houbese ese exercizo e comprise con xustificar ter feito os correspondentes cursiños formativos.

Non se poderá argumentar ignorancia, porque os ignorantes en galego non poderán ser funcionarios da administración galega. Por algo se empeza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES