Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

110 anos do Himno Galego

miércoles, 13 de diciembre de 2017
O mércores, día 20 do actual, cúmprese o 110 aniversario da estrea do Himno Galego (aínda non designado como tal); feito que tiña lugar no Gran Teatro do Centro Galego da Habana. Efeméride que, se ben e digna de celebrarse por tódolos galegos, mais polos mariñáns, por ser o autor da música nado na bibarra e que, polo tanto nos afecta mais de preto: o inmorrente Pascual Veiga.

Foi na emigración, e non na nosa terra, onde por vez primeira se escoitaron os sons da música que Veiga compuxera, sobre a letra de “Os Pinos”, de Eduardo Pondal; en velada concebida para recadar fondos destinados a un monumento no cemiterio do seu Mondoñedo natal ó autor da “Alborada”, falecido un ano antes; iniciativa de Xosé Fontela Leal, emigrante modesto con grande inquedanza cultural e non menos amor á Terra. Dez anos tardaría en soar nesta.

Unha vida, a de Veiga; e unha historia, a do Himno, que merecen ser coñecidas e divulgadas , exaltando a figura do músico. De ambas – Alborada e Himno- dixera Cal Pardo que “sintonizan a marabilla coas mais íntimas fibras musicais da alma galega e son suficientes para inmortalizar ó autor”.

O 12 de xuño de 1906, Pascual Veiga fina en Madrid, na pobreza e o anonimato. Só uns cantos amigos acompañan o féretro polas rúas madrileñas… “quizá cientos de gallegos vieron el solitario cortejo, sin presumir que se iba a enterrar una legítima gloria de nuestra tierra que muchas veces llevaría a sus almas el recuerdo, la emoción del amado terruño…”(“Vida Gallega”). Sería unha vez mais a emigración quen tomara a iniciativa de trasladar os restos mortais do músico ás amadas terras mindonienses. O Centro Galego da Habana e os galegos de Bós Aires, coa implicación dos representantes de Mondoñedo serían os artífices do traslado á derradeira morada. 0 18 de setembro de 1912 é soterrado no que acaso foi o enterro mais multitudinario da historia da cidade bispal, que se abarrotou de xentes chegadas de toda Galicia: políticos, intelectuais,xornalistas, relixiosos; institucións culturais, civís e militares e xentes do común…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES