Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De quen somos fillos?

jueves, 07 de diciembre de 2017
No que a Galicia se refire; fai ben pouco que o medio principal de vida era a agricultura, a gandeiría e a pesca.
E no resto de España, tampouco había moita diferencia.

Da industria vivía unha pequena porcentaxe; do comercio outros poucos e dos servizos, máis ou menos, outros tantos.
A poboación estaba diseminada polo campo.
Traballában de sol a sol para o autoconsumo e pouco máis.
As feiras encargábanse do sobrante para fornecer á poboación das vilas e ciudades.
Quen máis e quen menos ten a súa orixe no medio rural: somos fillos, netos ou bisnetos de labregos unha inmesa maioría.

Eso si, nos últimos cincuenta anos, a vida deu a volta co de dentro para fóra:
A poboación trasladouse ás ciudades buscando unha vida con máis servizos e comodidades.
De non tomar as medidas oportunas, o campo está quedando despoboado.
Os labregos, desprotexidos e infravalorados.
Aínda que se mellorou moito, os servizos non son suficientes.
¡Que pena!

A industria situada principalmente nas afóras das ciudades, invadíu as nosas vidas.

No medio rural galego, sempre se falou o galego: o galego vulgar; o de toda a vida.
Agora hai quen lle fala o castalán ós nenos porque lles parece mellor; eso que tanto o galego como o castelán son cooficiais.

NON SEI MOI BEN SE ESTÁN ENGANADOS, SE O FAN POR IGNORANCIA OU SE RENEGAN DA SÚA ORIXE.

Pode haber quen estea enganado.
Todos estamos moi equivocados en moitísimos aspectos da vida.

Ignorancia, tamén a temos todos.
Uns máis e outros menos.
Pero seguramente todos teremos máis da que queremos e tamén moita máis da que pensamos.
Se souberamos o que non sabemos, seriamos moi sabios

O DE RENEGAR DA ORIXE…ESO SI QUE É UNHA “ENFERMIDADE”:
.
-Unha “enfermidade“ que rebaixa moito a nosa autoestima.
-Unha “enfermidade” da que, inxustificadamente, nos avergonzamos.
-Unha “enfermidade” que nos produce pouco aprecio polo noso.
-Unha “enfermidade” que en algún caso chega a produicir: auto-odio.
-UNHA “ENFERMIDADE” QUE AMEAZA A NOSA IDENTIDADE.

Esto que nos está pasando é moi grave.

AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA, DANSE CASOS NOS QUE OS QUE NOS VISITAN, VALORAN MÁIS O NOSO QUE NÓS MESMOS.
Estamos na horta e non vemos as berzas.
¡Unha mágoa!

Teño comprobado que os que nos visitan ven en nós:
-Un pobo acolledor.
-Un pobo valente.
-Un pobo honrado.
-Un pobo traballador que é apreciado e valorado alí onde queira que vaia.
-Un pobo que goza dunha das linguas máis fermosas e garimosas do mundo.
-Un pobo que goza dunha gastronomía de primeirísima calidade: as nosas patacas, os ovos das nosas galiñas, o leite das nosas vacas, o peixe, a carne, o marisco...
-A nosa tenreira galega que é a mellor de España.
-O noso marisco, mellor que ningún.
-A nosa riqueza forestal, outro tanto.
-A nosa paisaxe califícana como “o xardín de España”
-A beleza das nosa Rías que é única e a da Ribeira Sacra, tamén.
-As nosas costas que presentan toda unha ampla variedade desde a fermosa desembocadura do Miño ata os acantilados máis altos de Europa situados na serra da Capelada.
-A nosa Praia das Catedrais que é inigualable.
-O noso “oballo” que é “o sangue” que dá vida á nosa paisaxe.
-A nosa boa calidade de vida: somos xente pacífica.
-A nosa bondade, a nosa hospitalidade, o noso bo facer…
SOMOS UN POBO QUERIDO, MOI QUERIDO.
Eso víuse moi claro cando acudiron en masa a limpar o chapapote das nosas praias.
¿Por qué será?
Porque somos un gran pobo.
“SOMOS UN GRAN POBO”.

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tódalas persoas que teñen a ben ler estas reflexións dunha muller galega moi orgullosa da súa terra; igual que pensa que cadaquén debe estar orgulloso/a da súa.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania