Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cregos beatos

lunes, 23 de julio de 2007
A Igrexa vai beatificar 498 relixiosos mortos no tempo da Guerra Civil, dos que quince son galegos.

Unha parte da poboación dubida da oportunidade de levar adiante este recoñecemento precisamente agora, pero xa se sabe que a Igrexa, polo seu carácter intemporal, non se fíxa nestes matices.

Visto de xeito desapasionado, parece que nun tempo no que a Memoria Histórica se reivindica e se busca, tamén a Igrexa ten dereito a facer memoria e amosar as feridas sufridas no seu Corpo naquel tempo sanguento.

Pero a Igrexa faría ben tamén en recoñecer outras “beatitudes”. As dos cregos que nas súas parroquias se opuxeron ós “paseos”, que defenderon a todos os seus feligreses por encima das súas ideas e de se asistían ós cultos ou cumprían “o precepto”. Que os houbo. Honra para eses cregos beatos que evitaron ríos de sangue nas aldeas de Galicia, arriscando a súa propia vida.

E, de paso, a Igrexa tamén tería que recoñecer que houbo cregos que aproveitaron o seu posto para librarse de parroquianos incómodos, que estiveron de parte da represión, que foron indignos representantes de Deus na terra.

Falemos de cregos beatos, pero non só dos que morreron senón tamén dos que arrostraron dificultades e perigos para exercer o seu maxisterio. E recoñezamos o papel dalgúns cregos que tanto dano fixeron á institución e á súa xente, dos que queda memoria infausta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES