Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lenda e realidade

martes, 05 de diciembre de 2017
Ordenaba a miña biblioteca cando din cun libriño moi curioso que me regalara o seu autor Don Antonio Fraguas titulado “Romerias y Santuarios de Galicia” no que nos remonta á memoria dos tempos cos ritos e misterios gardados nestes lugares. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro os mortos toman protagonismo, así que volvin a ler o que o profesor Fraguas relata sobre San André de Teixido onde a lenda di que vai de morto o que non foi de vivo. Parte da fábula di que se o morto non fora a San André de vivo, facía a viaxe en espírito na compaña dun familiar. Á véspera visítano na sepultura e explícanlle o plan, sácanlle o billete do autocar, avísano cando chegan, levan para el comida que lle dan a un pobre e regresan da mesma maneira. Logo o acompañan ao cemiterio e o deixan espiritualmente de novo na sepultura. Tamén na súa obra “Un ollo de vidro” Castelao fai referencia á reencarnación nun animaliño que experimenta o que non cumpriu de vivo a promesa de peregrinar a San André e remata indo coma un lagarto. Pois ben, deixo a lenda e paso á realidade ao fio da pregrinaxe dun insecto a ese mítico lugar.

Hai tempo, decidimos levar a uns amigos a San André de Teixido. Ao paso por Pantín, observei que un saltamontes grande, dun verde esmeralda, pousara sobre o retrovisor. Imaxinei que co rodar do coche o animaliño se soltaría, pero non, ficaba ben agarrado, como pegado ao espello. Cando chegamos, sen tempo sequera a apagar o motor e baixar do coche, o saltamontes deixounos resolutivo e convencido de que a misión para el estaba cumprida. Axiña puxémonos a cabilar sobre a lenda da reencarnación daqueles que non foran a San André de vivos e a súas ánimas tomaban os corpos de animais para achegarse así fisicamente á ermida e dese xeito cumprir coa ancestral tradición.

Gozamos daquel paseo, da contorna marabillosa daquel lugar, dos cantiles impresionantes e daquel ventiño mareiro que o inundaba todo, pero pódovos asegurar que o leitmotiv daquela viaxe, o recordo perecedeiro daquela incursión, non foi outro que aquel fermoso saltamontes verde que decidiu acompañarnos desde Pantín a San André.

Como estes día do Samhaín, logo convertido en Halloween polo colonialismo cultural anglosaxón, no que os mortos toman protagonismo, pareceume oportuno compartir con vostedes este relato a cabalo entre a lenda e a “relidade”. Cando vexan un saltamontes por aí non o pisen por favor!, non vaia ser que...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania