Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os soldos dos alcaldes

viernes, 20 de julio de 2007
O normal é que un político que desempeñe un cargo perciba un soldo, se a ese cargo lle dedica tempo, tempo que resta ó exercizo da súa profesión.

Dos alcaldes “gratis et amore” dos primeiros tempos pasouse ós alcaldes funcionarios que pretenden en boa lóxica ganar un pouquiño máis ca calquera dos funcionarios ás súas ordes.

Pero ó resultar que algunhas categorías funcionariais están magnificamente pagadas, o de ser Alcalde convértese en moitos casos nun excelente negocio que vai durar alomenos catro anos, se non hai mala novidade.

Son excepción, pero hainos, os que propoñen e sonlles aceptados soldos que ó normal dos mortais nos parecen un desatino. E ese normal e común dos mortais -non debera esquecerse- pronúnciase cada catro anos, ve como van as cousas, e move a cabeza de cando en cando para dicir que “non é iso”.

Hai corporacións como a de Lugo que tivo unha ducia de dedicacións exclusivas, ou a de Vigo que ven de aumentar un cincuenta por cento a partida dos salarios dos concelleiros. E hai alcaldes que non poderán cobrar porque non teñen maioría e terán que atender o concello en horas libres, ou unha alcaldesa (Portomarín) que por non ter maioría fixoulle o soldo a oposición.

Fai falla unha regulamentación normalizadora de tanto desbaraxuste. E marcar soldo por número de habitantes e por presuposto para homologar as posibles situacións dos alaldes. ¿Qué así perdemos os mellores?. Habería que velo.

Aínda hai quen proclama a quen quere oilo que está na política para servir ó pobo. E hai que conterse, mirar para arriba e, polo menos, non botarse a rir. De pena.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES