Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismofobia en Miño

martes, 28 de noviembre de 2017
Xa me gustaría que a idea fose miña, pero non, é dun meu sobriño e afillado –a seguinte xeneración sufridora- que levan veraneando en Miño desde o comezo dos anos oitenta, hai case corenta anos.

Xurdiu o comentario este verán, cando apareceu nalgúns puntos neurálxicos da España turística, onde os turistas, fonte de riqueza e cultura, se vían sorprendidos por unha campaña ignorante e sen sentido que arremetía contra quen acode a un determinado lugar con gañas de ver diferencias, apreciar singularidades, e investir esforzos para compensar atencións.

E aínda que eu coidaba que, por maior, era mais consciente da malquerencia de Miño polo turismo –especialmente polo lucense- o rapaz, que daquela non chegaba aos dez anos, comentou: a turismofobia inventarona hai moitos anos os de Miño para queixarse de que os de Lugo os invadíamos e lles arrebatábamos a monotonía existencial durante dous meses de verán.

En tempos, Miño dividíase entre os alquiladores de pisos e os cultivadores de cebolas, que nos miraban por riba do ombreiro aos lucenses que acudíamos por forza –é a praia máis de preto da capital lucense-, nos cobraban alugueses excesivos por recunchos inhabitables, e provocábamos non sei cantas molestias.

Pasamos aqueles tempos mirando para outro lado – por exemplo, para a súa magnífica praia-, mercando pisos e apartamentos, facéndonos miñenses por dous meses ao ano, e a vida seguíu.

Os maltratados e mal considerados, fíxémonos vellos. Os nosos fillos medraron e son pais. E agora son os nosos netos os que disfrutan de Miño, como dun lugar propio. Os nosos fillos case naceron ali. Os netos son tan de Miño como os que viven alí todo o ano.

O ano da turismofobia en España xa non queda memoria da turismofobia de Miño. Moitos dos turismofóbicos –por razón dos anos- xa non están por alí. Moitos dos lucenses fuxiron en busca de lugares onde foran máis apreciados. Os alugueres turísticos ilegais seguen anunciándose, pero hai moita menos demanda. Os de fóra, con trinta e cinco anos de antigüidade na propiedade das nosas vivendas, xa nos consideramos iguais en dereitos aos que noutrora sentían –inconscientemente- turismofobia.

O tempo vai amañando case todo. Porque agora, coa crise, o atractivo doutras zonas, a escasa atracción hosteleira (Hai excepcións. Sempre nos quedará a praia…), o temperamento laxo das súas xentes, os turismofóbicos terían gañado a batalla. Coma o Cid Campeador. Pero nós, experimentados por vellos, resistimos, porque sabemos que temos razón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES