Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Haikus, en Galiza, teñen nome de muller e chámanse

martes, 28 de noviembre de 2017
Os Haikus, en Galiza, teñen nome de muller e chámanse <Vilariñas>Será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 18:30 da tarde na igrexa dos Vilares (Guitiriz), cando
-Andréa Araújo Alonso, A Guarda, estudante de artes escénicas.
-Pedro Rielo Lamela, Pontevedra, xornalista da TVG.
-Toño Núñez, Navia, mestre,
recibirán os Prémios do 1° Certame VILARIÑAS de micropoemas da man de Sandra Tenreiro, mestra de música e cantautora, Luz Campello (NPG), traballadora social e poeta e Marica Campo, mestra e escritora.

Os gañadores recibirán unhas "Vilariñas" deseñadas pola artista da Costa da Morte Viki Rivadulla e un exemplar coa recompilación das Vilariñas presentadas (máis de 150).

Intervirán neste acto, ademáis dos premiados e as persoas que farán entrega, o poeta Vilalbés Martiño Maseda (Culturaliagz), Fátima Fernández (NPG) e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, depositario Os Haikus, en Galiza, teñen nome de muller e chámanse <Vilariñas>do legado do poeta Díaz Castro.

En Galiza, os Haikus, tomado nome de Müller, En homenaxe ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, nado no Vilariño, Os Vilares. Pepe do Vilariño, como se lle coñecia na parróquia chairega de Guitiriz, foi o poeta das cousas pequenas, das herbas pequerrechiñas da Chaira que enchem de perfume o mundo é desa admiración polas pequenas coisas inspirouse o Certame VILARIÑAS e o próprio nome dos micropoemas deste concurso.

Nacen así as , as micro poesías galegas con nome próprio que verán publicadas as bases da segunda convocatória no mês de xaneiro de 2018.

As entidades organizadoras, A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños, a NPG Nova Poesia Guitirica e o soporte dixital www.culturaliagz.com teñen organizado após do acto unha "Cea Vilariña" en Guitiriz.

Longa vida ás e que medre a Poesía!!
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES