Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O escritor Manolo Rivas en Foz

lunes, 27 de noviembre de 2017
O vindeiro martes, día 28 do actual, a Asociación Cultural “A Pomba do Arco”, enceta a que é tradicción : a “Festa da Palabra”, coa presencia de Manolo Rivas, o prestixoso escritor coruñés que representa a encarnación da literatura galega actual porque él é a literatura feita historia e reflexión: dous compoñentes indispensables para un labor intelectual digno, honesto e, polo tanto, transcendente; “él é a voz emancipadora dos tragos amargos da nosa historia…”.

Non sei se o ter nado no Monte Alto coruñés, condicionou a evolución intelectual de Manolo; pode que sí: no seu entorno déronse episodios, consumados polo poder da barbarie que, se él non os vivíu, por razón de idade, sí tivo fidel información, posto que, nalgunha ocasión, o autor ten decrarado : “o meu primeiro libro foi a memoria da miña nai …”.

O cronista lembra o feito dramático que se producía naquel contorno, na súa adolescencia: a morte a garrote vil, no patio do cárcere da Coruña, do “fuxido” Benigno Andrade, o mítico “Foucellas”; supoño que preto do fogar familiar do escritor. Era o ano 1952; cursando o bacherelato o que suscribe, interno, no colexo dos Maristas da cidade; moitas das tardes de vagar dos xoves, íamos de camiñada por zonas periféricas de Marineda que amosaban valores de diverso índole: paisaxístico, monumental, lexendario, industrial, mariño, etc. Sempre na compaña do profesor que impartía a lección do día, da que “a posteriori” se extraían temas para realizar exercicios de redacción, consolidando o aprendizaxe.

Cando na nosa xeira chegabamos a ollar o lugar onde se consumara o “garrote vil”, con comentarios que non fosen “audibles”, producíanse en nós sensacións de inquedanza, e mesmo nos tremaban as pernas, aínda que a nosa inmadurez e desinformación, non permitían comprender todo o significado do feito luctuoso e traumatizante para a inconsciencia duns adolescentes como éramos nós.

Acaso por eso, e mil razóns mais, as novelas,contos, poemas e artigos dos xornais de Manolo Rivas, falan de emigrantes, fusilados, perseguidos… pero tamén de paxaros que cantan ao mencer, que se agochan silenciosos nas penas onde o mar rompe a terra.

A súa obra literaria é abondosa; moitos dos títulos están traducidos a distintos idiomas e algúns, como é sabido levados as pantallas da televisión e o cine con notorio éxito.

A “Festa da Palabra” difícilmente podería ter mais atractivo comezo. Non o perda,lector amigo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES