Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia rica, Galicia pobre

miércoles, 18 de julio de 2007
Hai dúas Galicias, alomenos, dentro das innumerables que podemos contemplar segundo a perspectiva. Pero esencialmente hai unha Galicia rica, marítima, occidental, e unha Galicia pobre, oriental, esencialmente interior a pesar dos cen kilómetros de costa da provincia de Lugo.

Da Galicia pobre emígrase á Galicia rica, e deso hai cifras que posúe o Instituto Nacional de Estadística, constando que o pasado 2006 un total de 1.375 lucenses emigraron á Coruña e 461 a Pontevedra. E 732 ourensáns foron para A Coruña e 1.266 a Pontevedra.

Se só dependese do mar, a provincia de Lugo tería que rexistrar un progreso gallopante pola vitalidade do seu mar, pola afluencia de turismo ás súas praias. Se dependese da montaña, algo tería que dicir Ourense con Manzaneda. Se dependese das peregrinacións, os Camiños a Compostela en Lugo e Ourense deberían notarse.

A saber, pois, de que depende. Pero a situación está ahí, e Lugo e Ourense ceden paulatinamente poboación a A Coruña e Pontevedra co que se empobrecen doblemente.

Hai anos pensamos que coa autonomía desaparecerían estas diferencias. Logo, foi Europa. Agora, parece como se só nos quedasen as deputacións provinciais para revolucionar o país.

Gracias que para chegar desde a península á Galicia rica hai que atravesar a Galicia pobre. De non ser así, aínda sería peor a situación da Galicia de segunda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES