Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Certame de micropoesía VILARIÑAS

viernes, 17 de noviembre de 2017
Entrega dos Premios do Certame

Xa temos data para a entrega dos premios do #CertameVilariñas 2017. Será o 2 de Decembro, sábado ás 18:30 na igrexa dos Vilares (Guitiriz). Andréa Araújo Alonso, Pedro Certame de micropoesía VILARIÑASRielo Lamela e Toño Núñez serán agasallados con unha peza única da artista Viki Rivadulla, num acto poético coa participación de representantes da cultura e da poesia chairega na igrexa na que foi bautizado o poeta Díaz Castro.

Abundante foi a participación nesta primeira edición do Certame das Vilariñas 2017 convocado pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños e o colectivo poético NPG (Nova Poesía Guitirica), para honrar a figura de Xosé María Díaz Castro, o gran poeta galego nacido precisamente na parroquia de Os Vilares en Guitiriz. Igualmente foi elevada a cifra de Vilariñas presentadas ao citado Certame. Autores noveis nestas lides poéticas competiron ao carón de autores xa consagrados.

E tal e como se anunciara, Culturalia GZ tivo a honra de encargarse da publicación de todas as Vilariñas, tanto as que resultaron gañadoras como as restantes que participaron no concurso, pero que non obtiveron galardón.

FALLO I CERTAME VILARIÑAS

O Primeiro Prêmio corresponde a Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira coa “Teño un pintor”. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.

O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa “Gran carballo”.

En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa “Abrín os ollos”.

As 150, de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega e publicadas en www.culturaliagz.com.

Para a entrega de premios organizamos un acto poético público o sábado. 2 de decembro na igrexa dos Vilares ás 18:30 da tarde. Encargarase de facer a entrega as poetas chairegas Marica Campo e Luz Campello e a cantautora e mestra Sandra Tenreiro num acto conducindo por Martiño Maseda.

Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.

A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES