Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por 35 euros e 2 operarios

lunes, 13 de noviembre de 2017
Sei que non vale cabrearse, nin denunciar, nin criticar porque a gran maioría non vai facer nada de nada. Algo si, darlle á lingua unha e outra vez para, á hora da verdade, deixar que a vida siga, aínda que sexa a base de inxustizas, de miseria.

Non sei se foi o venres se o xoves cando lin a nova de que ”o roubo de 35 euros pode custarlle tres anos de prisión”. A min paréceme ben que a lei diga que por roubar hai que ir á cadea. Como se é por tan só 1 euro. Mais o detalle está en que a sentenza non é para todos iguais. Temos un país cheo de ladróns (e non de 35 euros) que, á parte de seguir libres, seguen mofándose dos cidadáns ó seguir roubando á vista de todos. Pero como somos uns ineptos falamos doutras cousas, desviamos a atención a outros asuntos.

Temos os Bancos suízos cheos cos nosos cartos (sen ter ningunha conta alá) e danos igual. Como dicían Tip e Coll: mañá falaremos do Goberno. Pero sen chegar nunca ese mañá. Porque cando volvían actuar, zas: mañá falaremos do Goberno. A nós pásanos igual. Mexan por enriba de nós e… xa veredes, cando a Fiscalía actúe ides saber o que é bo.

Esa noticia dos 35 euros alporizoume un pouco, pero houbo outra que case me fixo rir a gargalladas: que a brigada de obras do Barco de Valdeorras só dispón de dous operarios. Fíxome rir, pero case me deu pena. Pobre Barco! O segundo concello de Ourense e sen operarios.

Algúns municipios podían emprestarlle algún operario. Non hai moito que vin a sete obreiros podando unha árbore tan só. Igualiño, igualiño que esa viñeta ou chiste que circula pola Internet na que dez homes dunha cuadrilla contemplan como traballa o Paco de sempre. Igualiño, igualiño que no noso país: que traballan catro paspáns e os demais chuchan da teta e levan o leite para Suíza. Este país noso… é único.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania