Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir con moderación

jueves, 09 de noviembre de 2017
A moderación podémola aplicar, a unha forma de ser e a unha forma de pensar e a unha forma de vivir.

Hai persoas que son moderadas por natureza teñen un gran don consigo.
Tamén existe outro grupo de persoas que pensan que son moderadas e en realidade no é para tanto.

Por pouco que observemos o mundo que nos rodea; podemos comprobar por nós mesmos que, hoxe en día, moitas persoas pásanse varios pobos á hora de emitir xuízos.

Pais e nais de criaturas que son especialistas en botarlle a culpa ó profesorado de tódolos males relacionados coa aprendizaxe:
-Que se non valen para ensinar.
-Que se non comporenden á infancia.
-Que se habería que denuncialos.
E un longo etc.

Cando o que terían que ter é moito agradecemento a un colectivo que é o piar fundamental do desenrolo e do benestar.

Se analisamos un pouco a situación, atopámonmos con que esas mesmas persoas levan unha vida moi pouco exemplar para os seus propios fillos.

Por perder, perderon non só as rendas da vida de familia senón ás da súa propia persoa.

Polas razóns que foran; non puideron formar unha familia estable e andan de flor en flor a ver cal é a mellor.
¿Pódese chamarlle a eso moderación?
¿Neso consiste a madurez?

Permiten que os seus propios fillos leven unha vida desordenada: bebendo e trasnoitando a idades cada vez más temperás.
Nin que por moito madrugar, amencera máis cedo.
Pois non.

Cada cousa ó seu tempo.

Poñen ó alcance da infancia tódolos medios para que esta leve unha vida desordenada: cartos, horarios, móbiles, motos…

Deixan á infancia á intemperie, ó seu libre albedrío cando en realidade terían que estar baixo a custodia e control dos proxenitores que souberan exercer o seu rol correspondente.

Así non imos ben.
Este é o pensamento de moitos adultos que fachendean de ser persoas maduras e modernas; cando os seus pensamentos deben ser enmendados porque de seguir así o seu futuro e o da súa descendencia non vai por bo camiño.

Atrévense a xulgar a diestro e siniestro, cando sería moito máis constructivo que se quedaran co positivo; porque o positivo, constrúe e o negativo, destrúe.
¡Co ben que estaríamos calados cando no temos nada bo que aportar!

A min encántanme as persoas moderadas:
-As persoas que pensan o que din antes de dicilo.
-As persoas que din palabras que chegan a alma, porque lle saen da alma.
-As persoas que saben valorar o esforzo das outras persoas, sen pensar que elas son as mellores.
-As persoas que saben administrar o seu tempo para levar unha vida moderada: un tempo para traballar, un tempo para compartir, un tempo para fomarse, un tempo para a vida de familia, un tempo para o ocio...
-As persoas que saben administra-los seus cartos, empregándoos da maneira máis axeitada sen estirar o pé máis do que dá a manta.

En resume; as persoas que levando unha vida sencilla, están colaborando desde o silencio na construcción dunha vida máis humana para todos.

A esas persoas debémoslles moito agradecemento porque sen facer ruido, dan moi bos froitos.

Os froitos da convivencia, do progreso, do benestar, da evolución, dunha vida un pouquiño mellor cada día.

Son persoas que velan pola paz.
Son persoas portadoras de paz.
Un ben de moito valor que todos debemos mimar, porque vivir en paz é vivir; porque a paz dá vida.

“A PAZ DÁ VIDA”

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES