Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen mellor ca Galicia?

miércoles, 11 de julio de 2007
O das autonomías, que foi café para todos hai un cuarto de século, está chegando a un punto que marcará un fito na súa historia.

O que comezou en Galicia cun Presidente da Preautonomía e uns conselleiros sen despacho nin presupostos, medrou neste tempo en infraestructura, en capacidade de xestión, en funcións, en consideración, de xeito que agora as competencias do Estado e Galicia son practicamente residuais,

O que nunca se considerou posible era que as autonomías tivesen representación exterior, actuando fóra dos seus respectivos territorios. Pero Galicia, tamén é diferente nesto porque realmente o noso territorio moral chega a tódolos lugares onde hai galegos, ou sexa, a todo o mundo.

Primeiro foron viaxes culturais, sociais e políticos. E agora, o Presidente Touriño presenta un Libro Branco da Estratexia de Acción Exterior de Galicia, no que se contempla a posibilidade de establecer e asinar tratados internacionais en ámbitos da súa competencia, coa autorización do Estado.

Touriño pide para Galicia unha “política exterior de seu”, e a Xunta en outubro vai abrir unha ambaixada en Buenos Aires, chámeselle como se lle chame a esta Delegación.

Seguirán outras. Tamén o libro branco fala delas. Así, se empeza.

Hai tanta Galicia fóra coma dentro do noso marco, polo que ninguén coma nós pode mirar ó exterior. Quen mellor ca Galicia?. O malo é que se nós imos fóra, detrás virá a quincena de autonomías restante.

Ó Estado halle quedar sempre o labor de coordinación. Que non vai ser pequeño traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES