Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No te hagas la víctima!

jueves, 02 de noviembre de 2017
Retomo a crónica escrita dende Barcelona, para ir poñéndolle, cando menos, punto e seguido a un asunto que nos ten desasosegado a moitos, sexamos ou non cataláns, pero ó que lle vai haber que ir poñendo o ramo se non queremos acabarmos todos na demostración final da redución ó absurdo ó que se están achegando seguindo paso a paso unha fórmula exponencial, os responsables últimos da Generalitat.

Retomo as miñas palabras xusto na parte final da crónica, onde me refería ó debate educado e silencioso que mantiñan ó meu carón un pai e unha filla, nun bar de tapas onde por casualidade eu me acheguei para xantar algo unha vez rematada a manifestación convocada pola Sociedade Civil Catalá. E fágoo para pechar o círculo, consciente de que haberá algúns que ó comezar a ler a columna, pensará: "Pero xa está este outra vez co asunto catalán! Non terá máis asuntos que tratar...!"

Estaba eu, caladiño e co oído atento a todo canto me podía chegar da conversa entre o pai e a filla, cando entraron no pequeno comedor do local dúas parellas próximas ás catro décadas, coas súas bandeiras, señeiras e españolas, abordando algúns dos pormenores da concentración na que tamén acababan de participar, quen sabe se por primeira ou segunda vez nas súas vidas, porque non se lles vía moita pinta de seren asiduos a este tipo de chamadas de carácter reivindicativo, xa fose político ou institucional.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES