Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Manuel Carballo: temos un anxo máis no noso ceo

miércoles, 01 de noviembre de 2017
Xos Manuel Carballo: temos un anxo mis no noso ceo O amigo Xosé Manuel Carballo comezou o derradeiro sábado do mes de novembro de 2017 unha nova etapa máxica, comprometida, fraternal, humilde, valente, guiada pola fe e o corazón, como foi a súa vida, vivida e compartida coa súa familia, á que tanto amou, e con todos nós, ós que nos regalou día a día o seu profundo sentimento humano. A dor de perder a súa presencia física é fonda e innegable, pero de ningún xeito representa un adeus permanente. Sabemos que o moito que padeceu na terra estase a convertir en gozo pleno e eterno. Sentimos que o moito que nos fixo gozar ós que tivemos a sorte de ser os seus amigos permanecerá por sempre na nosa memoria, nos seus escritos e nos videos nos que nos segue a falar mostrándonos ó mesmo tempo, con humildade e con orgullo, a súa humanidade exemplar.

O amigo Xosé Manuel Carballo predicou moito. Moitos poderían decir que iso non foi ningún mérito, porque os curan predican. Pero el facíao como hai que facelo, empregando os recursos necesarios para obter o resultado ansiado, que non era outro que contribuir a que a vida fose mellor, máis xusta, máis humana, máis solidaria, máis sinxela, máis centrada no amor e no humor. Deixou dito (gravado está nun dos moitos videos seus dispoñibles en internet) que algún o definía como un cura que “fai rir e xogos”. Proseguía que, por tanto,“un cura tramposo”, en referencia á súa máxica habilidade como “ilusionista”. Porque foi un ilusionista xenerador das ilusións que tanto necesitamos na nosa sociedade e nas nosas mentes individuais. Remato a continuación a transcripción da frase anterior. A frase enteira é “un cura tramposo non é ningunha novidade”.
Xosé Manuel Carballo: temos un anxo máis no noso ceo
Non podo pensar no amigo Carballo sen que me veñan ó recordo citas como esta e moitas outras que reflexan o seu inxenio xenial, o seu inxenio inxenioso. Todas quedaron connosco en forma escrita e sonora, e tamén no noso recordo, que quedou gravado persoal e individualmente na nosa memoria cando compartimos momentos vitais con el.

A súa recente perda mistura no meu recordo o acedo da súa ausencia coa gratificación de saber que nun instante podo voltar a ver nunha pantalla unha imaxe súa que me fai rir e pensar ó mesmo tempo, que me transmite unha mensaxe certa que sen dúbida ten a capacidade de cambiar ó mundo, de cambiar os nosos corazóns. Pero coñecendo ó amigo Carballo, ben sabemos que non se da por conforme con isto. Na súa nova etapa máxica debe estar familiarizándose cos novos trucos que lle proporciona o ceo para ampliar os seus recursos como ilusionista e seguir mellorando o mundo, agora con máis forza e efectividade se cabe.

Atentos ás boas novas, que algunhas delas, sen dúbida, poden ser o resultado do ilusionado traballo dun anxo máis que temos no noso ceo, do benquerido amigo Xosé Manuel Carballo Ferreiro.


(Santiago Rodríguez López, amigo de Xosé Manuel Carballo, profesor de Xenética na Universidade de Bristol, é fillo do escritor Manuel Rodríguez López, Fillo predilecto de Paradela, que en vida foi gran amigo de X.M.Carballo).
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES