Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Finou Xosé Manuel Carballo

sábado, 04 de noviembre de 2017
Voz amiga acaba de transmitirnos a triste nova: “na noite pasada finou Carballo”.

Hay un par de anos o popular crego polifacético: escritor, mago, malabarista, humorista, actor fora obxeto dunha homenaxe: con tal motivo editouse o libro “Cerna de carballo: Xosé M. visto por 200 amigas/os”. Nel decimos: “Vai por catro décadas o tempo da nosa amizade con X.M. Carballo. A relación de ambos con Mondoñedo, por razóns diferentes, foi a orixe dun coñecemento que non tardou en afianzar un afecto sincero, a pesar de que as vivencias cotiás danse en escenarios afastados: él ten como centro as terras Chás de Castro de Rei, e o que asina a beiramar focense.
Finou Xosé Manuel Carballo
Pouco había que, na cidade da Paula, creárase o Orfeón do que era presidente Roberto Michelena e director don Uxío García Amor. Naqueles tempos tiñamos en Foz aberta unha fronte a prol do Asilo para dotalo de calefacción, furgoneta, cadeiras de rodas… e a actividade mais rendible económicamente eran os festivais de música, cancións, humor; maxia e prestidixitación que en cada función enchían a sala de 600 localidades.

O Orfeón era, amais de magnífico, toda unha embaixada artística cun brillante elenco, sempre exitoso: Os Trovadores de Mondoñedo, o cadro humorístico de Manuel de Ambroz e Antón das Curuxeiras; Michelena, Araújo, Maruxa Balsa e Carballo, que redobraba unhas actuacións cheas de inxenio e simpatía, e a habilidade do mago/prestidixitador que se gañaba a simpatía e a admiración duns espectadores que valoraban o sentido didáctico e moralizante de quen é de natureza xeneroso e altruista, alleo a plantexamentos doutra índole, plenamente conscente de que “só unha cousa é necesaria: a Felicidade”.

Ás nosas chamadas, que se prodigaban, acudía o colectivo da vella cidade e con él Xosé Manuel: intelixente, imaxinativo, retranqueiro; sempre facendo felices ós demais; MESTRE que a cotío imparte lecccións de vida. Temos a súa amizade por don impagable”.

Xosé Manuel Carballo acaba de deixarnos. Sorte que teñen ánxeles e arcánxeles que gañan a súa irrepetible compañía.

(Suso Fernández é Fillo predilecto e Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES