Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai, na Feira de Monterroso...!

martes, 31 de octubre de 2017
O 1º de novembro de 1967, hai xusto 50 anos, a entón peña O Lar foise a Monterroso para asistir á súa soada Feira de Santos. A viaxe, no coche de Chús, non lembramos as horas que levou… Na baca do mesmo ían unhas bañeiras de sardiñas coas que convidar ós feirantes; material de cuxa custodia e distribución se encargaba un persoeiro singular: Manolín, “ o gitano da Espiñeira”.

Na parte posterior do autocar penduraba un salvavidas cun gran letreiro: “A peña O Lar- Foz saúda a Monterroso”.

Ó día seguinte o xornal noticiaba: “A las 12, 30 h. llegó a Monterroso la peña focense O Lar, despertando la consiguiente expectación. Este animado colectivo acudía con el producto más original: las sardinas. Más tarde, en la “eira” de una casa de campo improvisaron un hogar donde prepararon una suculenta “sardiñada”, con pan de Melide y buen tinto de la tierra; de la que hacían partícipes a cuantos feirantes se acercaban por sus proximidades. Por si los monterrosinos necesitaban salvar su vida en el día de Santos, aparecieron los de Foz con su salvavidas y, sobre todo con sus sardinas, pues ellos saben que la carne, sin un entrante de pescado, es indigesta”.

Pouco tardaron en devolver a visita, e por xullo chegou á nosa vila, fletando un autocar, a peña “A Ulla” cun cargamento de productos do porco, e esta salutación: “A Ulla saúda ao Lar,/ o pernil aos mexilóns;/o pobo de Monterroso/ saúda á vila de Foz”!

Os tertulianos do Lar andaban por entón afanados en xuntar cartos para instalar a calefacción ó Asilo de Anciáns e os excursionistas deixaran un xeneroso donativo a tal fin, fixándose a norma de intercambio anual, que se mantivo vixente varios anos, ata que a aparición de colesterois, hipertensións, ácidos úricos e demais atrancos, comezaron a facer estragos na tropa, o que obrigou a, paseniño, ir abandonando as trincheiras; pode decirse, polo tanto que, a saborosa e leda xuntanza, finara “por prescripción facultativa …”

Naqueles encontros, de feliz memoria, nunca faltaban, no amplo repertorio, as dúas cantigas tradicionais: “Se vírades o que eu vinhe/ai!, na feira de Monterroso;/ vinche cinco xastres xuntos,/ai! da cabalo dun raposo”. E tamèn a clásica da nosa beiramar: “ O mais enxebre de Foz/ é a pena da Rapadoira;/o viño da cas Remixia/ e as nenas da Corredoira …”.

Son vivencias inesquecibles que quedan para a nostalxia. Alguen dixo que “vivir consiste en construir futuros recordos …”

(Do noso arquivo)

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES