Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No pasamento do cura mago Carballo

sábado, 04 de noviembre de 2017
Creo que o teu exemplo, na creencia que Deus vive no Alén, e unha vida adicada por enteiro a seres un cura rural, do rural e para o rural, sempre co caiado dun Cristo labrego, e na procura de vivir para crear esperanzas, xa fose cos teus escritos, xa cos teus feitos, é abondo e fermoso aval para que ise Pai, garimoso e tenro que nos amosaches coa túa vida, te acolla con ise abrazo fondoso co que te despedimos os amigos.
No pasamento do cura mago Carballo
Abrazo fondoso e sincero que compartimos moitos, pero que eu quero personificar en Xulio Xiz, Neira Pampín, Marica Campos… por só nomear algúns dos que me consta isa verdadeira amistade. Sei que son moitos máis porque non esquezo nin aquel libro “A cerna do Carballo”, nin os continuos mensaxes do wasap. Amén que me constan os verdadeiros centos de rapaces que por todo a Terra Chá e outros lugares de Galicia vían en ti unha estrela clara de ledicia e fe na esperanza.

Hoxe é día para que choren os páxaros nas airas, os teus exemplos planten novos carballos e os velliños apreixoen o teu cor co mesmo calor có que ti os amaches.

Os fabuladores literarios sempre andan á procura do mago Merlín e outros colegas sen decatarse que as pombas e os coellos que sacabas do sombreiro só eran artificios inxeniosos cheos de amor e ledicia cos que trasmitías ó público, sobre todo ós nenos, ise corazón tenro e xeneroso. Así te coñocín, fai perto de cincuenta anos cando, eu neno e ti mozo, nos facías rir no salón de actos do seminario de Mondoñedo. Aínda recordo aquel xesto de move-los dedos.

Pero aínda che direi máis: Pasei lonxe de vós fisicamente moitos anos da miña vida, máis sémpre quedan unhas brasas de aquel xeito de vivir solidario, aquela procura de seres útil no seo das familias de velliños sólos, alí onde só quedan campos e terras a bravío e só a loita das persoa coma ti son capaces de manter viva a fe na Terra e nese Deus do que fuches fiel cura.

Soupen despois moitas cousas máis de ti –fai quince días lin o prólogo do libro de Pampín, tamén agora o meu urólogo- e sempre me mantiña ó día o incombustible amigo común Xulio Xiz. Agora rompeuse isa cadea de verdadeiro cariño que ambo-los dous tiñamos na túa persoa, máis como a cerna do Carballo é moi dura reforzaremos con ila isa casa común que é a Terra e a esperanza nise Deus que nos amosaches para crer, amando a aqueles a quen nadie quer.

Seguiremos á arar a Terra e sementar esperanza como nos enseñaches.

Apertas fondas á familia e aos moitos que te queríamos.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES