Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ano de proxeccións do documentário 'Entrar aos Vilares'

sábado, 28 de octubre de 2017
Cúmprese o vindeiro mes de novembro un ano desde a estreia na igrexa dos Vilares do documentário Entrar aos Vilares, realizado por Cibrán Tenreiro, Toni González e Xacobe González e producido polo proxecto Os Vilares, lareira de soños.

Arredor de corenta proxeccións polas catro províncias de Galiza, en museos, centros sociais, asociacións, centros de ensino, salas de cinema... proxectamos en pantallas, paredes, e mesmo plásticos agrícolas ou sábas convertindo o nóso documentário no mais visto entre os non profesionais e mesmo chegando a ser finalista en tres categorias da 12 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Compostela con quince filmes de todo o mundo.

Un filme que permiteu desde os máis variados puntos da nosa xeografia e diferentes foros "entrar aos Vilares" da man dos seus protagonistas, os veciños e con colóquios ao remate de cada visionado.

No próximo mes, será proxectado nunha xornadas rurais organizadas pola Asociación Senda Nova de Carballo e no Centro Social Xuvenil Municipal O Ensanche de Compostela.

Cumprimos así sobradamente o obxectivo divulgativo da parróquia chairega dos Vilares no plano audiovisual e tamén o artístico pola grande acollida de público e crítica.

O documental, realizado para acompañar en formato DVD o libro de Pastora Veres sobre a parróquia de Diaz Castro, verá a luz coa publicación o próximo ano, no que se estreará un segundo documental sobre o polifacetico fotógrafo José Lobeiras Gómez, O Armeiro de Berulfe que se atopa en fase de rodaxe.

Temos solicitudes pendentes por mais lugares de Galiza e tamén por fora, proxeccións para as que foram os o documentário de subtítulos en español.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES