Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cultivando altruísmo

jueves, 26 de octubre de 2017
Moitos males dos que hai no mundo, débense ó egoísmo.

-Por egoísmo hai quen se enemista co seu propio irmán.

-Por egoísmo hai veciños que sobrepasan os límites ata asoballar ó que teñen ó lado.

-Por egoísmo hai quen colle o mellor bocado nunha fonte alegando que lle gusta aquela parte máis que a outra, cando o que debía facer era coller o que lle tocara polo seu lado.

-Por egoísmo hai quen se debruza encima da mesa despois de comer aínda que non lle deixe espazo á persoa que ten ó seu carón.

-Etc, etc.

Todos fomos víctimas algunha vez de actos egoístas e quizais tamén foramos egoístas máis dunha vez.
Non sempre son egoístas os outros.
Pero -afortunadamente- non todo o mundo é egoísta.

Hai persoas que son moi altruístas: levan grabada na súa mente un código de conducta altruísta.

EXISTEN CONDUCTAS MOI ALTRUÍSTAS MOTIVADOS POR VÍNCULOS DE SANGUE:

-A entrega dos proxenitores coa descendencia.

-As relacións entre avós e netos e as relacións entre parentes ben levados.

Cando existen lazos de sangue, enténdese fácilmente que a entrega sexa altruista; pero debería ser sempre altruista.

OUTRAS VECES DÁSE O ALTLRUISMO POR RAZÓN DE AMISTADE:

- A amistade verdadeira é un vínculo que pode ter tanta forza como o de sangue.

Todos sabemos que hai amistades que son incluso mellores que moitos parentes.
Pero…

Tamén é ben certo que hai persoas que se prestan voluntarias para facer favores sen esperar nada a cambio:

TODOS COÑECEMOS PERSOAS QUE LEVAN ASOCIAICIÓNS DE FORMA COMPLETAMENTE GRATUITA E ENTREGADA. E poñen todo o seu amor no que fan.
¿Por que será?

-Porque son ben nacidas.

-Porque saben poñerse na pel dos outros.

-Porque son comprensivas.

-Porque son xenerosas.

-Porque son desprendidas.

-Porque teñen moi bo corazón.

-Porque son altruistas.

-Porque llelo manda a súa relixión.

-Porque si.

TODOS SABEMOS DE PERSOAS QUE SE VAN UNHAS VACACIÓNS A PAÍSES NECESITADOS PARA COLABORAR EN TAREFAS HUMANITARIAS.

Son admirables aqueles xoves que –estando na flor da vida- sacrifican as súas vacacións para irse á India ou a países subdesenrolados a estar cos máis necesitados.

TAMÉN SABEMOS DE PERSOAS QUE ENTREGAN AS SÚAS VIDAS EN TERRAS DE MISIÓN.

Persoas de tódalas clases sociais e condicións que optan por entregar a súa vida en países de misión convivindo cos máis necesitados; renunciando moitas veces a unha vida cómoda na súa propia terra.

HAI PERSOAS QUE SE DEDICAN -GRATUITA E VOLUNTARIAMENTE- A TRABALLOS DE TIPO SOCIAL CON PERSOAS QUE VIVEN NA RÚA.

Persoas que madrugan todo o inverno para darlle algo quente a vagabundos ademais de roupa e calzado para que se muden.

Persoas que visitan veciños enfermos habitualmente.

Persoas que coidan dun veciño en situación delicadas…

¿CANTAS PERSOAS DEIXAN ENTREGADA UNHA BOA PARTE DA SÚA VIDA FACENDO CATEQUESE A NENOS E ADULTOS?

Moitas.
E nunca pediron nada a cambio.
E grazas a elas, consérvase a semente da fe.

A fe: esa forza que é capaz de facer cousas do máis insospeitado.

Non se sabe a forza que ten a fe ata que unha persoa se atopa ó límite das súas forzas.

A fe é unha arma de moito poder.

E CANTAS PERSOAS SE DEDICAN A VISITAR ENFERMOS NOS HOSPITAIS, A SERVIR COMIDA EN RESIDENCIAS DE ANCIÁNS…
Eu coñezo bastantes. De tódalas idades e condicións sociais.

¡E QUE DICIR DAS PERSOAS QUE TRABALLAN “CLANDESTINAMENTE” CON PERSOAS EN SITUACIÓNS “MOI IRREGULARES”!
Máis das que nos podemos imaxinar.
E cando hai unha catástrofe, a soloidariedade ponse a flor de pel dando cadaquén o mellor de si.

Hai moitas persoas que destacan polo seu altruismo.
Outras non destacamos tanto, pero podemos ir pouquiño a pouco mellorando o noso nivel.

“POUQUIÑO A POUCO”
Este sera o título do seguinte artigo.
Como di a canción deste verán: DES-PA-CI-TO.

Moitas grazas polo que deixa colaborado para que o mundo sexa un pouquiño máis humano.

E moitísimas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES