Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agustín Fernández Paz e Anxo Lamas, coas navallas do Manuel

sábado, 14 de octubre de 2017
Cada oito de setembro conmemoramos en Outeiro de Rei o cabodano de Manuel María, o noso Manuel, con lectura de poemas seus nas Penas de Rodas e no cemiterio de Outeiro, e a entrega de "As navallas do Manuel" na campa de Santa Isabel, organizado sempre por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá.
Agustín Fernández Paz e Anxo Lamas, coas navallas do Manuel
Este ano, os homenaxeados foron o escritor vilalbés Agustín Fernández Paz (in memoriam), e o escultor Anxo Lamas, de Bazar-Castro de Rei. A navalla de Agustín recolleuna a súa irmá Tita. Agustín Fernández Paz e Anxo Lamas, coas navallas do Manuel

Velaquí a miña aportación poética a esta entrañable e xustísima entrega, recollida en imaxes por Raul Río:

Para Agustín Fernández Paz.

Quixera, amigo
poder volver atrás polo camiño,
a aquel lugar exacto
onde un día paramos a considerar
sentados nunha pedra
os tantos soños que nos quedan por soñar.

Quixera, amigo
volver sobre dos pasos
e atoparnos cos amigos todos
naquel camiño en terra,
ao abeiro dunha sombra da Nosa Terra Cha
en Vilalba, tecendo historias vivas
mesturas desas lendas que os nosos ollos viron
e que os corazóns ben saben,
no aló, do alén do mar.

Quixera, amigo
poder dicirche en verbas
amores e namoros dos eidos presentidos,
recendos de mil flores
que gardan os destinos no mesmo verbo “amar”
recendos de mil cores
no rastro que deixamos e no bico un cantar
cidades de desexos
que poñan fronteira aos medos
amizades secretas na escola dos piratas
que andan a sementar
na praia da esperanza, bosques cargados de misterios
nun barco a navegar.

Quixera, Agustín
poñer hoxe a moviola do tempo
e dar marcha atrás para poder regresar
a aquel lugar preciso
na sementeira dos soños, e andando de vagar.


A arte, o artista.

(Para Anxo Lamas, amigo que conxuga arte e integridade, na mesma peza, loitador infatigable da vida e pola vida, da verdade e da beleza).

Do mesmo xeito que sei
que a arte reside no enxeño,
na desbocada imaxinación dese golpe de graza
puntualísimo, que perpetúa un intre,
por moi pequeno que sexa, para facelo incesante
e suspendelo no tempo.

Do mesmo xeito que iso sei,
sei, tamén, que arte cando é tal, vai moito máis alá
dos medios que cada quen goberna e ten.

Inflúe o amor e a solidez dos principios,
a integridade das persoas que a exercen
e que só se miden na súa conduta,
naquela máis desapercibida que está escondida na rutina dos días,
nese ir e vir das nosas derrotas máis íntimas,
na entrega que vai tecendo imaxes e lembranzas
voces e silencios, aromas por recendos, ...
E veñen, entón, as ideas ondulantes coma ecos
na forza inevitable das sospeitas, no presentimento das palabras
e así espallan as musas no talento certo
e buscan claras razóns, rexeitando escusas que son tan só pretexto
das obrigas que nada xustifican senón a complicidade da ignorancia,
desculpas do mal pagador, do que a confianza abusa
desde a mentira e a traizón, que mancan no corazón.

A arte estará sempre por detrás dunha noite de insomnios
agochada no alén de altas estrelas, no esforzo
abríndose en formas novas, misteriosas, como unha Lúa silandeira
que vén estremecernos na ilusión e alentar novos amenceres..

Sempre estará connosco, dentro de nós, na sutileza,
meu amigo, de resistir en rebeldía como un espello de luz
entre as soidades, oculta da primeira ollada,
na extenuada pureza da auga,
a pesar dos fracasos e a dor nas luídas bágoas,
nunha sombra escura, recuperándose na teimosa chispa teimosa
do artista, que constrúe en cores e versos
esa emoción do sentir entre os latexos,
lonxe dos ruídos e dos berros, da reprobación da tan humana censura.

Meu amigo, por iso aguantará imperturbable
para a nosa felicidade, ...e existirá para sempre.
Iglesias, Baldomero
Iglesias, Baldomero


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES