Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os magostos

viernes, 13 de octubre de 2017
Esta poesía, reflexa un namoramento real a traveso da ventá dende un cuarto piso ao segundo que, escaiolado por mor do fútbol, fixen unha viaxe por tres días xunta da familia que se converteu no motivo e esencia do meu vivir. Días de festa que eu ignoraba, pero que vendo o ambiente alegre e festivo, xunto a un estado de ilusión, verdadeiramente estiven nas nubes moito tempo. ¡E así o escribín nestes versos!

Os magostos

Nos magostos daquel Ourense,
mirando cara abaixo
dende a ventá,
vin os teus ollos
¡que a cen parpadeaban!.

Nos magostos daquel Ourense,
vin alumear unha mirada,
sentín, que por dentro me
queimaba,
sentín, ¡que Cupido me cravaba!.

Nos magostos daquel Ourense,
alegría de festa se celebraba.
Mozos e mozas nos montes,
facendo fogatas
¡á castaña enxalzaban!.

Nos magostos daquel Ourense,
cunha perna escaiolada,
subín, ás nubes do seu ceo,
¡baixei!...,
onde o amor me esperaba.

Amores de aquel arume ten Ourense,
que en novembro respira.
Perfumes da flor do toxo nos montes,
que baixa co asado das castañas;
que baixa ca alegría de mozos e mozas,
bailando,
cantando,
¡facendo fogatas!.

Á terra da chispa fun,
na terra das Burgas casei.
¿Que feitizo ten Ourense?,
nos seus magostos...,
¡namorei!.
Ávila Soto, Federico E.
Ávila Soto, Federico E.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania