Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aleluia!

jueves, 12 de octubre de 2017
Dis que seica andan polo Pazo do Hórreo pulindo, axustando e dándolle color, á Lei de Rehabilitación de Galicia, que chegará na súa primeira fase de tramitación, coa próxima primavera.

Leo, entre algúns avances que van aparecendo na prensa, que o novo texto regulador permitirá unir parcelas, baixos e portais, co fin de poder adaptar os volumes interiores de moitas pequenas vivendas dos cascos vellos galegos ás necesidades actuais de habitabilidade, e non podo menos ca berrar para os meus adentros ¡aleluia!

Aleluia! porque, por fin, os técnicos administrativistas, que son os que redactan as bases que logo se converten na intocable biblia pola en base ás que se regulan convenios, axudas e subvencións, acabaron caendo da burra e déronse conta de que o camiño polo que levan camiñando ó longo das últimas dúas décadas é un oneroso camiño cara ningures.


Hai ben máis dunha década, ó fío dunha información que estaba documentando ó respecto, precisamente, das axudas para a rehabilitación de vivendas nos denominados Plans Especiais de Reforma Interior, dos que levan anos beneficiándose os cascos vellos de moitas vilas e cidades de Galicia, pregunteille a unha directora xeral se non lle parecía un pouco absurdo que a Administración primase a rehabilitación dos espazos dedicados a vivenda, é dicir, as plantas superiores, e sen embargo, os locais situados nos mesmos edificios e que son os susceptibles de xerar economía que axude a asentar poboación neses espazos, non contasen coa máis mínima posibilidade de axuda pola vía da rehabilitación.

A devandita responsable política daquel momento non tivo o máis mínimo reparo de compartir a miña argumentación, pero contestoume que moi ó seu pesar a lóxica que eu acababa de expoñer chocaba coa lóxica legal e administrativa, entre outras cousas, da Unión Europea e non sei cantos conceptos orzamentarios máis e que para iso xa había outro tipo de axudas que os concellos deberían canalizaren dun xeito específico, como son, por exemplo, os Plans Urban, etc.

Leo, tamén que seica con esta lei se vai dar unha sorte de liberalización -é de supoñer que garantista- que axilice a posibilidade de execución de reformas cando os propietarios dun predio se atopan espallados polo mundo e en moito casos, ni sequera están localizados.

Sería de agradecer, polo tanto, que esas maneiras que seica apunta o borrador non se estraguen no camiño da tramitación parlamentaria -como adoita acontecer, digo de paso, con demasiada frecuencia- co fin de que as zonas vellas de vilas e cidades e moitas aldeas dixen de seren auténticos escenarios de guerra.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES