Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escarmentaremos

jueves, 12 de octubre de 2017
Din que:
“Cadaquén ten que escarmentar na súa propia cabeza”.
E tamén se di que.
“Dos erros tamén se aprende".
Se esto é certo, teño a esperanza de que algún día comprenderemos varias cousas moi importantes:
- Que precisamos cimentar a sociedade nunha familia estable con bos principios.
- Que no fogar é onde se aprende o esencial para ir pola vida.
- Que precisamos unha educación en valores.
- Que quen mal anda, mal acaba.

De tal xeito que:
-HABERÁ QUE DARLLE Á FAMILIA A IMPORTANCIA QUE TEN.
-Haberá que tomar moi en serio o feito de formar unha familia. Non se lle pode chamar familia a unha xuntanza de amigos ou coñecidos.
Tampouco se lle pode chamar familia a unha reunión de persoas que conviven baixo un mesmo teito indo cada membro por libre.
Tampouco se pode cambiar o membros da familia de cada pouco.
A familia ten que estar unida por lazos de sangue, de convivencia en común e con moito amor entre os diferentes membros.
Desgraciadamente, hoxe en día, chámeselle familia a calquera cousa, e así nos vai.
¿Cómo pode comprenderse a violencia machista nunha familia que se precie?

-HABERÁ QUE RECUPERA-LA DIGNIDADE DA PERSOA.
Non se pode considerar unha persoa como un obxecto que usamos cando nos interesa e que nos desfacemos dela cando deixa de cumpir-las nosas espectativas.
Eso fano algunas especies animais; pero os humanos somos diferentes.
Por algo somos os seres superiores da Creación.

UNHA PERSOA TEN ALMA, TEN VIDA, TEN CORAZÓN.
É un ser moi superior que precisa uns coidados e uns mimos de moita sensibilidade.
Unha persoa precisa cariño, comprensión, apoio emocional, apoio espiritual…
Apoio na saúde, apoio na enfermidade, apoio na casa, apoio no traballo, apoio na rúa, apoio nos erros, apoio nos acertos…

-HABERÁ QUE COMPRENDER QUE A SAÍDA A FLOTE, O ÉXITO NA VIDA NON ESTÁ NO VICIO NIN NA DROGA, NIN NOS CARTOS, NIN NO PODER, NIN NA VIDA FÁCIL…
A SAÍDA ESTÁ NO AMOR.
Tan só cando despidamos das nosas vidas os celos, as envexas, o odio, o rencor, a preguiza, a avaricia, a luxuria e outras cousiñas máis; veremos como mellora a nosa vida:
-A nosa vida mellorará cando sexamos capaces de desterrar de nós os pensamentos negativos que tanto dano nos fan.
-A nosa vida mellorará cando saibamos valorarnos a nós mesmos polo que somos, polo que significamos para nós mesms e para os outros.
-A nosa vida mellorará cando sexamos capaces de face-las paces con noso pasado; fora cal fora.
-A nosa vida mellorará cando vivamos a tope o momento presente; disfrutando das cousas pequenas do momento.
-A nosa vida mellorará cando saibamos que o mellor amigo de cada persoa é ela mesma e polo tanto ten que coidarse máis que a nadie.
-A nosa vida mellorará cando nos amemos plenamente a nós memos.
Temos que querernos, aceptarnos coas nosas virtudes e cos nosos defectos
Cando vexamos os nosos defectos e que -aínda tendo defectos-, necesitamos moito amor…
Daquela comprenderemos que os outros tamén os teñen e que precisan moito amor, igual que nós o precisamos.

-TEMOS QUE CONCIENCIARNOS QUE TODOS FORMAMOS UN TODO.
O que fagamos; tanto para ben como para mal; repercute en todos.
Non podemos alimentar o noso ego pensando que así seremos felices.
O noso ego, hai que mantelo en comunión co resto da humanidade.
Todos seremos felices cando entre todos saibamoss crear un mundo no que todos teñamos o noso espazo persoal.
Todos precisamos o noso espazo persoal.
'ESPAZO PERSOAL'
Este será o título do seguinte artigo.
Por hoxe dicirlle que eu vou escarmentando un pouquiño cada día, aprendendo cousas novas que me fan máis feliz.
Penso que se consigo sentirme máis feliz, tamén poderei dar máis felicidade ás persoas do meu entorno.
Eso espero.
Con amargarse a vida, non se gaña nada.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania