Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Videoforum El circo de la Mariposa

miércoles, 11 de octubre de 2017
Hai anos que veño traballando co alumnado dos meus obradoiros esta curta protagonizada por Nick Vujicic, coñecido polas súas conferencias de superación persoal. Como ben se sabe, Nick carece de extremidades e foi a marabillosa inspiración para contar unha poderosa historia na que encarna a Will, un home que transita entre dous circos ata atopar o seu lugar no mundo.

Esta historia levada ao terreo educativo, ten un potencial case infindo, compaxinando o desenvolvemento persoal coa educación inclusiva. Traballando nunha facultade de Relacións Laborais, resulta fundamental introducir valores que tendan a unha inclusión sociolaboral xusta e decidida, unha inclusión que se faga por conviccións morais por riba do que impoñan os aspectos legais sempre imprescindibles.

Neste aspecto, a curta dirixida por Joshua Weigel merece ser analizada co tempo preciso e, neste sentido, dispuxemos de toda unha sesión para poñer negro sobre branco todos os valores que desprende.

Teño que dicir que, ano tras ano, el impacto que provoca no alumnado é moi grande e tradúcese, a miúdo, nun desbordamento de emocións. Son múltiples as lecturas que se poden sacar de 19 intensos minutos. Unha delas lévanos novamente a ensaiar a apertura de mente e ver máis alá da limitación física; pero, tamén, nos leva a buscar distintos xeitos de relación coa diversidade porque a curta é unha auténtica homenaxe á diversidade e a capacidade de resiliencia do xénero humano. Quizais, a mensaxe máis importante é que todos podemos virar a quilla cara ás nosas ilusións. Polo tanto, o principal garante de éxito é non renderse ante o fracaso.

Non sei as veces que vería esta obra de arte. Si sei que a maior parte delas non puiden evitar a bágoa. Aínda hoxe, El circo de la Mariposa consegue que me introduza na historia ao 100% e me emocione despois de tantas visualizacións; pero, o máis importante é que cada vez que o vexo sácolle algo novo. Procuro fixarme en valores de personaxes secundarios e admiro unha convivencia que xesta porvir.

El circo de la Mariposa é unha festa da diversidade que demostra que todo ser humano ten unha parte de tenrura en si e cando a deixa voar agroma o amor infindo no que a forza de mans e irmandade se constrúeo porvir.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania