Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ite, missa est

viernes, 29 de junio de 2007
Acabouse a misa. O Concilio Vaticano II marcou unha revolución na Igrexa Católica. Fixo dar media volta, entre outras cousas, ós cregos cando dicían a misa. E fixo abandoar o latín para pasar ás lenguas de cada país, de xeito que os fieis se enterasen de canto se decía nas ceremonias religiosas.

En lugares como Galicia, a revolución tivo unha segunda parte cando do castelán se pasou ó galego, e as misas no noso idioma emocionaron a tanta xente porque, por fin, como queren moitas panxoliñas, Deus era galego, e nacía ou renacía cada ano nun portalito da nosa terra e en algúns altares.

Pero pouco dura a alegría na casa do probe, e Galicia e casa probe. As misas en galego aínda seguen a ser minoría, especialmente nas zonas urbanas. Quedámonos no castelán como lengua vernácula presuntamente máis grande.

E, de repente, Benedicto XVII, que traía consigo sona de máis conservador aínda que o seu predecesor, volve ó latín. Por se quedaba dúbida de que en moitos sectores da Igrexa aínda hoxe o Vaticano II resulta demasiado avanzado.

Hai tempo a misa remataba coa frase “Ite, missa est”, que daba a entender que se podía ir un porque a ceremonia inintelixible rematara.

Agora remata a ceremonia intelixible. Volvemos ó latín. Estaría ben, se se considerase con igualdade de dereitos ós tres idiomas, potenciándoos por un igual. Pero moito nos tememos que é unha volta atrás. Seguir cambiando para que nada cambie.

Parece un erro tremendo. O tempo o dirá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES