Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Temos vela neste enterro?

sábado, 30 de septiembre de 2017
Temos vela neste enterro? Os nazonalistas de sempre, os que están enraízados na Nosa Terra coma si foran carballos ou castiñeiros, veñen de firmar un manifesto de apoio os catalans que reclaman o seu dereito a decidir sobor do seu futuro e mais a súa relación cos pobos que hoxe conforman o Estado español.

—- ¿E temos nós vela nise enterro?

A pregunta fíxoma meu amigo Manuel, con toda a retranca que lle caracteriza, ainda sendo coñecedor de que Galicia é unha nazón por historia e por dereito.

—- Pois sí, Manuel, nós somos un povo tradicionalmente asoballado polo centralismo político ó que nos sometemos voluntariamente cada vez que votamos.

—- Algúns votan BNG.

—- Uns cantos mais En Marea.

—- E tamén ós socialistas que falan da nación das nacións.

—- Pero os mais… sempren votan PP.

—- Pois así é.

Que non vos extrañe nada, posto que os galegos somos os únicos que lle abrimos as portas o demo e ainda por riba imos con il de festa. Esto foi sempre así e seguirá sendo. Por pachorra e porque non queremos líos, que cós da casa xa temos dabondo.

—- ¿Pero temos vela ou non?

Ter temos, porque somos unha nación ainda que vote centralismo; outra cousa é que prendámola mecha.

—- ¿Cando se víu que os cataláns nos botaran a nós unha man? ¿Cando?

—- Non sei Manuel, os partidos nazonalistas axúdanse uns os outros… e xa viches como o rapaz ise, o Rufián, berrou no Congreso ¡Viva Galiza Ceibe!

—- Cousa que non fixeron nunca os nosos representantes nazonalistas… cando os tivemos aló.

A ver. Para ser solidarios non fai falla que a vela esté prendida, basta coa voluntade de selo e nesta ocasión os homes de boa fe, que ven como o Estado asoballa a Catalunya, amosan o seu desacordo.

—- ¿E ti firmaches?

—- Porque non mo puxeron diante.

Pero… o feito de amosar o meu desacordo co Goberno non quere dicir que defenda todo o que está a facer o Govern. Tan só digo que un povo ten dereito a decidir o seu futuro. Así que os señores de quen depende deberían de facer todo o que se pode facer para que Catalunya, que é unha nazón coma Galicia e coma Euskadi, poida celebrar un referendo.

E neso deberían de andar agora, onte, mañán e pasado… ¡Mais conversa e menos policía!
Rodríguez, Xerardo
Rodríguez, Xerardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES