Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O anonimato dun escultor de Merlán

viernes, 29 de septiembre de 2017
O anonimato dun escultor de Merln Manuel Losada González, natural da parroquia e concello de Carballedo, adherido por casamento á veciñanza da miña tribo de Merlán, foi outro galego mais que tivo que emigrar nos seus anos mozos a Suíza en 1978. Empregouse nunha canteira na periferia de Lucerna, onde modulaban a pedra para diversas utilidades de construción e decoración. Seus 17 anos neste traballo permitiuse dialogar cos bloques de pedra e, sobre todo, manter a súa aprendizaxe até saber que neses suculentos e pesados volumes encontrase o elemento axeitado que un desexa representar, só que ten que sacarlle materia ate lograr o elemento figurativo que pretende, como dixo Michelangelo Buonarroti. Demasiados anos para perfilar seus encontros coa beleza que se perfila no que se esculpe e na elocuencia desa longa iconografía que decora os salóns e os pasadizos da súa casa de Merlán.

Observando todas esas materias mortas e decadentes de troncos, raíces, e materiais desbotados que o tempo correo e mutila, sérvenlle a Manuel Losada, como materia prima para seus proxectos esculturais, que rescata e transforma en materia luminosa. Xusto o que precisa para ser unha obra de arte ben diversificada en gratos resplandores. Digamos, neste caso, que a abstracción deses formatos son elementos categóricos para harmonizar e acomodar elementos figurativos que este creador e artista connota en seus formatos, cunha austeridade rigorosamente ordenada, O anonimato dun escultor de Merlánsen mutilar espazos que configuran esas madeiras de castiñeiro, especie da súa preferencia para modular unha obra moi diversa que lle ven dado polo formato, que resulta ser unha obra moi persoal.

Losada en súas buscas e rebuscas, o seu imaxinario preserva aqueles inicios do seu oficio na fábrica de cantería. Á súa volta de Suíza foi condutor de camións e agora exerce de taxista en Chantada. El non fala a ninguén do entusiasmo que sente moldeando a esa materia morta para transformala en luz e color, onde a beleza impón seus atractivos e resplandores códigos que imploran recato aos contempladores. Realmente estas figuras establecen un diálogo que provocan admisión, mais tamén propagan -alén do estético- esa oferta de clausurarnos nas motivacións dos espazos e das formas que glorifican a idea do escultor Manuel Losada, en seus vencellos coa natureza morta pero transcendida e iluminada.

Ao respecto dicía o mestre Salvador Dalí: “Entre eu e a natureza líbrase unha gran batalla. Trátase de corrixila. A pintura de unha naturaleza morta é unha maneira de rectificar o real mediante unha entropía que resulta evidente para todos.” Claro que o proceso de esculpir é distinto ao de pintar, mais as sensacións que nos ofrece unha talla, en súas definicións, coa marca executante do noso amigo e veciño Merlán, é unha maneira de naturalizarnos na materia na que nos recoñecemos e dependemos en grande parte do que manifesta un madeiro esculpido. Retomemos as seguintes palabras de Heidegger: “Ser, é explosionar no mundo”. Evidentemente, ser e ter conciencia da nosa existencia e das interrelacións co noso microcosmos, produce unha enorme explosión de admitir que a materia, en súas variadas transformacións, produce o vital e a consistencia de ser e existir materialmente.

Talvez sorpréndalle a Manuel Losada a miña opinión sobre o seu quefacer tan fecundo, que el chama hobby, non debe acollela como eloxio e menos para contentalo, simplemente porque a súa actividade, no tempo que se libera do taxi, é mais fecunda e proveitosa que un simple pasatempo. Non é bo para este artista continuar confirmando o seu anonimato e infravalorar o que crea e executa con teimosía. A súa obra merece unha exposición, dado o portento evocador que respiran esas pezas naturalistas e abstractas. A beleza ten seus voos e seus respiros no silencio lírico da escultura de Manuel Losada González.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES