Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguridade

viernes, 22 de junio de 2007
Vivimos nunha sociedade que estimamos está rexida por unhas reglas, protexida por uns poderes establecidos, amparada por mecanismos perfectamente previstos que contemplen todo tipo de supostos problemáticos.

De cando en cando observamos fendas neste sistema, polo que hai que modificar reglas, reforzar os poderes e revisar todos os mecanismos que entran en funcionamento no caso de calquera problema.

O Bng vennos informar da existencia de problema no que ós embalses galegos se refire, xa que nove deles, competencia da Confederación Hidrográfica do Norte de España con sede en Oviedo, nas provincias de Ourense e Lugo, non teñen plans de emergencia e tres non teñen normas de explotación co visado correspondente.

O senador nacionalista Francisco Jorquera fixo unha pregunta ó Goberno sobre este tema, e a resposta prodúcenos inquedanza porque recoñécese que hai imprevisión nun tema que pode afectar a un amplo sector do noso país. Non son, precisamente, as grandes presas. Pero sí instalacións importantes que están en mans de empresas privadas e que teñen que estar reguladas e controladas en previsión de calquera continxencia.

A seguridade debe ser norma primordial para todos. Nela, radica a tranquilidade de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES