Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xente nova

jueves, 21 de septiembre de 2017
Tódalas persoas que estamos na etapa senil, fomos superando as diferentes etapas da vida: infancia, adolescencia, xuventude, adultez e agora….
Agora entamos na recta final, aínda que non saibamos exactamente cando será o derradeiro día.

Se botamos unha ollada ó noso pasado, xa comprobamos como desde a máis tenra infancia fomos preparando o tipo de persoa que somos na actualidade.
Outro tanto pasa coa xente nova de agora.

Gústame moito aprender de persoas de tódalas idades e da xuventude actual, tamén.
Preguntei a persoas en idade adolescente sobre cales eran os valores máis destacados desta etapa da vida e sorprendeume que elas mesmas me dixeran que non vían nada ben a adolescencia actual.
Din que dun ano para outro se dan grandes cambios que non son capaces de asimilar.

Comprender, compréndenos porque din que tendo uns pais como teñen algún rapaces; enténdese que os fillos saian enrevesados.
¡Qué pena!
Se esa adolescencia tivera uns pais como Deus manda, seguramente serían outro tipo de persoas.
¡Canta responsabilidade teñen algúns pais!
¿Ou son uns irresponsables?
¿Ata que punto chegamos?
¿Imaxinaranse os efectos negativos que ten o seu xeito de vida nos seus propios fillos..?

Tamén fixen a mesma pregunta a xoves universitarios e a resposta tampouco foi moi alentadora:
“NON QUEREN TRABALLAR” – me respondeu unha rapaciña coa carreira recén rematada.
Se ela mo di que é unha rapaciña traballadora e sensata a máis non poder; quero pensar que terá razón.
E dóeme que a xente nova non queira traballar:
¿De que pensa vivir?

Outra universitaria tamén me contestou que o cambio que se está dando é “brutal”.
Internet está a revolucionar o mundo.
Agora a infancia ten acceso a todo tipo de información a través das redes que “NON É CAPAZ DE DIXERIR TANTA INFORMACIÓN XUNTA”
Ela quere remata-la carreira, ter cartos e viaxar.
Viaxar é algo moi enriquecedor e que nos gusta a moitos.
Esas son a preferencias da xente nova de hoxe en día.

Noutros tempos, formar unha familia estable era unha prioridade; pero hoxe en día eso queda nun segundo plano.
Hoxe está de moda probar de todo e con todos e se resulta, xa se verá o que se fai; e se non: úsanse as persoas igual que se fai cun pano da man.
¿Tan baixo caemos?
Eso dáme que pensar.

Tamén oín nun medio de comunicación social que o mundo cambiou máis na última década que en non sei cantos millóns de anos.
¿A ONDE IMOS CON TANTA PRÉSA?
¿Pensamos que a intelixencia artificial superará á natural?
¿Tan atrofiados estamos?
¿Estámonos atrofiando?
“¿ESTÁMONOS ATROFIANDO?
Este será o título do seguinte artigo.
Grazas as persoas que me deron esta información de primeira man.

Grazas porque neste mundo tan apresurado aínda saben tomar a vida en serio.
ESTA XENTE NOVA TEN MOITO MÉRITO.

GRAZAS Á XENTE NOVA QUE APORTA SAVIA NOVA A ESTA SOCIEDADE TAN VARIOPINTA.

E grazas a vostede por terme na súa consideración para ler esta reflexión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES