Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha nave e uns inspectores

lunes, 18 de septiembre de 2017
Todo o mundo abraiado, pasmado polo que pasa en Cataluña, mentres eu si que me atopo completamente asombrado e alucinado polo que aconteceu coa nave Cassini. Botou 20 anos navegando por eses mundos perdidos, ata que o día 15 lle chegou a súa hora, desintegrándose coma un meteoro na atmosfera do planeta Saturno. Tal como o pensei, así llo dixen á miña muller nun momentiño no que estabamos descansando do traballo na viña: “non me importaría esnafrarme con ela, con tal de andar por ese universo infinito”. A miña muller si que alucinou, pero eu sigo confesando, sinceramente, que daría todo un mundo, toda unha vida por ir eses 20 anos nesa nave e ver o que ela viu, ou simplemente contemplar toda esa inmensidade galáctica. Sempre confesei a miña admiración polo universo, pola lúa, polas estrelas. Máis dunha vez teño dito que me gustaría ser astronauta. Sería a felicidade personificada navegando durante 20 anos cara ó infinito… e máis alá.
Unha nave e uns inspectores
Seica andan inspectores de traballo á caza e captura dos viticultores que contraten xente para a vendima. Ale, eramos poucos e pariu a avoa. Primeiro, as xeadas. Logo, a pedra. Agora, a caza de bruxas. Non entenden un carallo. Como se toman as decisións desde despachos, non saben das tradicións dos labregos.
Unha nave e uns inspectores
De cando se xuntan uns veciños para ir pola herba seca de alguén porque ameaza chuvia. De cando se congregan uns familiares para recoller as patacas. De cando media aldea facía parladoiro e troula esfollando no millo. E non digamos xa nas mallas do pan; nestas xa case era toda a vila arrimando o ombreiro. Como para empezar a preguntarlles se estaban asegurados ou non. Hai pouco axudeille a un tío a vendimar uns 20 cestos: como para que ese tío, e por esa cantidade, perdera unha mañá en Ourense asegurándome. Cando digo que hai moito paspán ou moito papón solto, por algo será.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES