Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mondoñedo: Xuntanza de ex seminaristas 2017

martes, 19 de septiembre de 2017
Para Ramón Barro, alma desta Xuntanza e demais compañeiros da Comisión Organizadora.

O vindeiro 13 de Octubro, na cidade de Mondoñedo, vaise celebrar (D. m) unha nova xuntanza xeral dos ex –seminaristas, que estará presidida polo Sr. Obispo monseñor De las Heras. Os actos comenzarán ás doce da mañán có recibimento, dos participantes por parte da Comisión Organizadora na porta do Seminario.

Seguidamente, ás doce e media, guiados polo amigo e ex -compañeiro D. Félix Villares Mouteira, responsable da magnífica biblioteca da Institución, expricaranos a súa importancia e o alto valor cultural que amosa.

Á unha e media haberá misa concelebrada presidida polo Sr. Obispo. Seguidamente celebrarase o xantar. Os participantes deberán ingresar na conta: ES06 2080 5604 6330 4001 3381 a cantidade de 40 euros* (Trinta do xantar e 10 da páxina web) Imprescindible o nome do asistente e acompañantes, si os hai, e a referencia “ xuntanza 13 –O”.

Dito isto, de carácter informativo, cómpre salientar a magnífica idea que tiveron os organizadores cando, xa fai dous anos, souperon acollernos a tantos e tantos, que facía cinco ou seis decenas de anos que non nos víamos, e que nos espallamos pola vida sen saber, na maioría dos casos, uns dos outros. Resulta curioso, e cecais inexplicable, que sendo, en moitos casos, amigos, perdéramos un contacto tan fermoso.Aquela xuntanza, co gallo da celebración dos catrocentos anos da fundación do Seminario, resultou extremadamente corta, e só foi un fugaz e moi feliz saúdo, pero que abreu portas como ás xuntanzas estivais, esta mesma e outra vindeiras.

Co gallo da mesma, abreuse unha páxina web para dar novas da organización e coma palestra das nosas inquedanzas. Unha fiestra para que cada quen poida amosar as súas vivencias e escribir o que considere oportuno na idea que encaixecoespitu que a inspirou. Al menos así a entendo eu. Unhapáxina web na que colaboramos algúns, poucos, e que precisa a colaboración de todos.

Cónstanos que máis dun escribe cousas, mellores ou peores, eso é cousa do lector, e que deberan compartirse en vez de deixalas no caixón coa esperanza de que os netos as descubran. E ¿Si se perden? E ¿Se agochan algún xenio coma os que deu Mondoñedo? E hai moita xente interesante e bos escritores, ¿Verdade, D. Uxio García Amor?

Ata fai pouco non lín os seus fermosos poemas á Virxen e ata as lembranzas dos amigos. Il foi, de moitos de nós, o noso primeiro Mestre de Literatura. Non repare moito nos meus escritos, D. Uxío, que ben sabe que son rebello.

A raíz daquela xuntanza restablecéronse lazos e soupemos cousas uns dos outros que a maioría das veces son ledas. Sin ir máis lonxe, onte pasamos un día inesquecible con Toñito Maciñeira e a súa dona Lourdes. E rímos recordando os tempos idos coa Voz do Valadoro, Pepe Pardeiro. Despois do Seminario fumos compañeiros en Santiago. Cousas da vida, diría Castelao.

Certamente, outras noticias non foron tan ledas, moi ó contrario, mortes ou enfermedades, deixáronnos bágoas, a xeito de oración, nas nosas ialmas, porque isas mágoas son colectivas. Persoalmente case logrei que os meus ollos xa non choren.

E como os vieros, designios de Deus, dicían entón, son inescrutables, pois camiñamos pola vida cada un ó seu xeito. Moitos de nós procuramos o caiado de Cristo, aínda que eu lonxe daquelas filosofías do nacional catolicismo, que hoxe detesto. O vello problema de misturar relixión e política. Non embargantes, conocedor de certo inmovilismo por parte dalgúns dos nosos compañeiros, sigo o meu camiño respetando, que non compartindo, o seu xeito e vivir.

Pero non quero finalizar este artigo sen recordar con moito cariño a aquelas persoas, como foron os nosos profesores i educadores, que con tanto cariño puxeron -no meu caso intentárono (os meuscompañeiros saben que era mal estudiante) - nos nosos miolos tantos coñocimentos e, sobre todo, tan fondosos principios e que hoxe son tan importantes para a vida. Eles son os verdadeiros espellos nos que tivemos que inspirarnos aqueles que nos adicamos ó ensino. Mágoa da saber que morreron a maioría diles no asilo do Seminario sen reparar por parte de moitos de nós na deuda afectiva merecedora de tanto esforzo e agarimo.

Persoalmente, aínda non volvín a Mondoñedo desde o pasamento de D. Enrique Cal Pardo. Il, xunto con D. Pepe e Félix Villares, simbolizaban e aínda o fan, os nos que me apreixan con un Seminario que tanto quero… e ao que tanto debo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES