Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falando do tempo

miércoles, 20 de junio de 2007
A sección dedicada ás previsións do tempo é unha das máis seguidas nos medios de comunicación, contando con patrocinios de grandes firmas e prognósticos avalados por organismos especializados pertencentes ás administracións públicas.

O que en tempos estaba reservado á Providencia, hoxe está perfectamente estudiado e agás fallo nas previsións ou imposible desexo de penalizar determinada área xeográfica, os acertos son moi notables nos avances das previsións climatolóxicas que veñen na práctica a responder fielmente co anunciado.

Na actualidade, os organizadores de eventos, autoridades, deportistas, viaxeiros en xeral e detentadores de tempo libre en particular non ousan sair da casa, nin siquiera programar, sen contar co tempo que vai facer dando por certo que os prognosticadores van acertar.

Damos por feito, xa que logo, que o verán vai ser rigoroso en temperaturas, que así se anunciou, como damos por veraz a afirmación de este xuño está sendo o máis chuvioso dos últimos anos.

Na vella loita por dominar o tempo, o ser humano conseguíu a victoria na primeira batalla, a de coñecer os mecanismos que controlan as variables do noso ambiente, e prever o seu comportamento inmediato. O resto, só é cuestión de investigación e de avances tecnológicos.

Falar do tempo, xa non é un tópico. É cuestión de coñecemento, en moitos casos de especialización e, no futuro, posiblemente de control.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES