Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Centenaria feliz

jueves, 14 de septiembre de 2017
No ano 2000, coñecín a unha señora de 84 anos que nadaba como un peixe nas augas tranquilas e cristalinas dunha praia do Mediterráneo.

Non sei moi ben por que –seguramente porque é unha persoa extraordinariamente amable- entablamos conversación.

Víamonos tódolos días na mesma praia e tódolos días tiña algo que decirme.
A min chamábame moito a atención que unha persoa daqueles anos, abriara o seu corazón para contarme a súa vida xustamente a min e non a outras persoas do grupo no que me encontraba.

Debinlle inspirar confianza e un día tróuxome varias libretas cheas de notas, poesías, anécdotas da súa vida, de toda a súa familia…
¡UN VERDADEIRO TESOURO!

Foron pasando os anos e a boa da señora cumpriu cen anos. CO GALLO DO SEU CENTENARIO FIXÉRONLLE UNHA GRAN FESTA Á QUE ACUDIRON PARENTES, AMIGOS E AUTORIDADES.
¡Todo un acontecemento!

Boa parte daquelas notas, que me ensinara a min naquelas libretas, moitos anos antes; foron postas nun libro titulado: “CEN ANOS DE POESÍA”

Unha copia deste preciado libro, foime enviado a min desde máis de mil kms de distancia: a distancia física non rompeu a amistade.
A punto de cumprir os cento un, vímonos de novo.

O brilo da súa mirada é a mesma de sempre: séntese unha persoa feliz, moi feliz e con moitas ganar de vivir.

Preguntarase vostede: a vida desa señora debeu ser un camiño de rosas.
Pois si e non.
Houbo rosas e tamén espiñas.
Si: porque soubo encaixar moi ben os problemas que lle presentou a vida:
-Casou.
-Tivo dous fillos, un fillo e unha filla.
-Coa nora non houbo maneira de entenderse e sufriu moito.
-O fillo morreulle novo.
-A filla sempre foi moi enfermiza e xa leva moitos anos en silla de rodas.
-Coida ela á filla, aínda que esta non lle deixa facer nada; pero faille compañía e outras moitas cousas.
-Leva varios anos camiñando coa axuda dun andador no que leva sabiamente colgada unha bolsa e fai os seus recados.
-Tanto se chove como se quenta o sol; ela sae a dar o seu paseo. Fala con un, fala con outro.
-Tivo un achuchón moi forte cando tiña 98 anos, porque lle flaqueaba o corazón.

O médico díxolle que era cousa dos anos e que non había nada que facer; pero ela optou porque lle puxeran remedio e puxéronllo.

Agora leva un marca-pasos e segue resistindo co bo humor de sempre.
DI QUE ESTÁ “TOCADA” PERO QUE NON SE DÁ POR ALUDIDA.

Está encantada da vida co seu médico ó que venera e cumpre fielmente as súas orientacións.

TAMÉN SABE QUE NA OUTRA VIDA ESTARÁ MELLOR QUE NESTA; PERO CONFÓRMASE CON ESTAR COMO ESTÁ E NON TEN PRÉSA POR MARCHAR.
Segue así ata que Deus queira.
É unha muller de moita fe.

Eso si: aínda ten a esperanza de ver casada á súa bisneta maior que xa se vai facendo unha moziña.

-Leva conta puntual de tomar os seus medicamentos.
-Bota a súa siesta tódolos días.
-Gústalle moito a praia, pero agora xa a penas vai á casa da praia.

Ten que acompañar á súa filla.

Di que hai que ter “entedemento”
Confórmase co que a vida lle vai dando: algo de todo.

Ás persoas maiores failles unha recomendación:
-“QUE SE COIDEN”
-“QUE APRENDAN A COIDARSE PARA CHEGAR A TANTOS ANOS COMO TEN ELA”

Eu xa tomo boa nota:
Teño que aprender a coidarme.

Non sei exactamente cal é a receita, pero vouno intentar.
Teño unha boa mestra.
A verdade é que persoas así son mestras da vida.
Esta señora é para min: UNHA AUTÉNTICA MESTRA DA VIDA.

Alégrome moito de tela como amiga e quixen compartir con vostede esta alegría de vivir que me inspira unha persoa de cento un anos.

No próximo artigo escribirei algo sobre a “XENTE NOVA”, porque tamén a hai moi boa e precisamos relevo xeracional.

Moitas grazas por terme na súa consideración.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania