Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poñamos vida na vida dos nosos maiores

miércoles, 13 de septiembre de 2017
Imos celebrar a festa dos Maiores, en Mandiá, na igrexa parroquial, o proximo sete de outubro, ás cinco da tarde.

Queremos encher de vida a nosa parroquia, poñer un ramo de vida na vida dos maiores, e por iso imos render unha homenaxe aos nosos anciáns e anciás, como agradecemento emocionado aos anciáns máis anciáns. Tédelo ben merecido.

O obxecctivo múltiple é o de celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores, saíndo das casas para sabermos uns dos outros, véndonos físicamente, para non "perdérmonos" as caras, e unir o mundo dos maiores co mundo dos novos.

Así, festexaremos xuntos e falaremos con paz e tranquilidade, volvendo á vida da parroquia aínda que só sexa por un día, recordando agradecidos aos nosos anteriores, xa que se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos moita vida. Somos unha familia e queremos celebralo.

Velaquí o programa ao que vos convido: “E POLO ROSARIO, UN ROSARIO DE ZONCHOS”:

• A CONVIVENCIA DA OUTONÍA
• FESTIÑA E DIVERTIMENTOS.
• MERENDA E MAGOSTO.
• DESPEDIDA.

VINDE Á FESTA!

(Xaquín Campo Freire é párroco de Mandiá)
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES