Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O soño dos mansos

lunes, 11 de septiembre de 2017
Vaia por diante que, aínda que non entenda moito, politicamente falando, sobre o desafío secesionista catalán, si estou con eles. Porque eles o queren, porque non debemos coaccionar as súas ideas e porque, se eles poden, nós, os galegos, co tempo, tamén poderemos. Que queredes que vos diga; que aínda confío en ver e vivir unha independencia galega. En 40 anos, malo será! Xa sei que, maioritariamente, caerán mal as miñas ideas sobre esas independencias, pero, sinceramente, dáme igual. Estou acostumado a ser catalogado de torto ou de ser a ovella negra.

Como tamén se pode pensar que o meu cerebro é algo retorcido ó acusar á maioría tamén de vós de solidariedade cara á galería. Moita pena, moita manifestación, moita homenaxe e moitos minutos de silencio por uns mortos, cando ó outro lado do charco tamén hai mortos e destrución por culpa duns furacáns e terremotos que están asolando varios países de… de onde? Uff, iso está moi lonxe, son outras persoas, que non coñecemos, que son de países miserentos, que raio!, son outros mortos! Efectivamente, son outros mortos. E por iso non hai crespóns negros, nin verbas de alento, nin rabia asumida, nin emocións con pingas de orballo sobre os ollos.

Que queredes que vos diga; pero sempre confesei e confeso que estarei e estou á beira dos oprimidos, dos máis atacados, dos máis aldraxados, dos máis asoballados, en definitiva, dos que somos menos en algo. O que pasa é que despois, á hora da verdade, se alzamos un chisco a voz axiña nos cortan a gorxa para que non alporicemos o galiñeiro. E todos sabemos que, as galiñas, apoleiradas, son mansiñas e non molestan. Dormen o soño dos mansos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania