Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No cárcere de Lugo: Memoria da represión

lunes, 11 de septiembre de 2017
Na memoria dos irmaus Timiraos Cervo, víctimas da incívica Guerra.

Co gallo das Feiras do Libro da Mariña foi presentado o libro “Os nomes do terror “do que é autor, entre outros, o meu amigo Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. O mesmo tempo, cecais como complemento desta información, no Cárcere de Lugo, exponse a historia daquel centro penitenciario, ou “Hotel Canalejas”, como irónicamente lle chamaba meu tío Emilio, vilmente asesinado, xunto co seu irmau Manolo, polas forzas franquistas como refrexa a propia exposición.

Ambolosdous, libro e exposición, veñen petando na miña conciencia para recordarme que teño pendente unha obriga con eles, cos seus compañeiros e con meu pai. E isa non é outra que non esquecer a ignominia, o golpe de estado contra o lexítimo goberno, e isa morea enorme de abusos, envexas, cobardías, chivatazos…que tan mal falan do ser humán e que remataron por dividir unha España que tanto dolor provocou en Machado. En Colliure, diante da súa tumba, preguei pola reconciliación sincera e recordeille as verba de meu pai: “Hai que perdoar aos enemigos”. Enseñoumo de neno, Mestre, e nesa seguimos, aínda que mañán poidamos segui-los vieros dos nosos tíos.

Hai novamente certa propensión á barbarie pois desgraciadamente a incultura, a manipulación e a chulería da chivana daqueles asesinos aínda ten poder e afán de rexeita-la democracia.

Dicía que ambo-los dous petaron na miña conciencia recordándome a obriga, que non quer dicir revancha, de falar da “ Longanoite de pedra” a que nos abocou un Franco asesino e uns axudantes tan culpables como el. Repito, non falo de revancha, falo da Historia imborrable deste País. Máis tamén hai mulleres e homes con memoria, homes que se visten polos pés e ergense coma unha árbore, como nos recordan na exposición, Marcos Ana, Luz Pozo ou Rodríguez Fer entre outros. Pola súa banda estou farto daqueles veciños que me contaron versions daquela República imperfecta, pero legal, e na que eles trataron de exculpar a súa cobardía, o seu medo, o ata a súa inxusta colaboración. E incluso falaron “ben” de meus tíos: “Só eran uns barulleiros, pero iles non dispararon a ninguén “.

Dicía o ex ministro Rosón, nos tempos da Transición, na revista Interviu, que il defendera ós meus tíos, e que eran uns excelentes cristiáns, pero de pouco lles valeu a absolución de morte, tamén foron paseados.. Eu pregunto:¿ U-los eran os curas? ¿Levando o palio a Franco ou montando con aquela jarca as procesións? Porque contan os vellos do lugar que alí se refuxiaron os culpables de tantos ¿abusos? por usar un eufemismo libre de tanto rencor.

Da Guerra incivil hai unha Historia non escrita e esquecida deliberadamente, unha Historia que mete medo, oitenta anos despois, porque poñería en solfa moitos feitos e, sobre todo, moitos persoaxes que pasaron por benefactores sociales e, non embargantes, eran uns desalmados. Unha Historia que desapareceu dos arquivos para tapar tropelías que van desde roubo de patrimonio ata delacions de “amigos”. Unha Historia que fai dos escapados uns bandoleiros e,non embargantes, négalles seren homes que rexeitaban a guerra. Brigadillas que mentían e asesinaban a sangue fría. Mulleres asesinadas ou violadas por vencedores incapaces de ser verdadeiros homes. Homes tamén que se xugaron o pelexo e o cargo por defende-las causas xustas. Fame e estraperlo. Postos de traballo, non pola capacidade, senón froito da maior ou menor adhesión ó Réxime. Tempos de miseria e marxinación dos vencidos e de abusos e prebendas continuas para os vencedores. Tempos que non remataron ises favores dos que se siguen a intuir de cotío.

Existe tamén unha gran fauna de cómodos, calados, negadores da súa propia vida, mentireiros do medo, incapaces de enfrentarse á realidade que supuxo un drama tan cruel como inxusto, e que aínda hoxe rexeita, coma unha pesadela, que non fora certa. Foi certa e é de xusticia enterrar os mortos no seu lar, recuperar a verdadeira historia distes homes que morreron polos seus ideais, por defender un Goberno democrático lexítimo, por loitar polo progreso do País ante un Dictador, asesino, vanidoso, ególatra… que nos levou a isa “ Longa noite de pedra”. ¡ E que Deus nos libre de tanto odio!.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania