Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retortoiro agardado

miércoles, 06 de septiembre de 2017
Sempre me gustou esta palabra: retortoiro. Dedicada ao xeito abondoso de chover que sempre caracterizou Galicia. Retortoiro é unha palabra fundamental na nosa lingua.

Representa a mellor definición da chuvia á galega. Aínda que, no país dos mil ríos, temos moitos xeitos de mencionar ao noso ben máis prezado distinguindo a miúda, a do vento, a da neve...

"Chove para que eu soñe", dicía Novoneyra, pois este ano tiñamos moitas ganas de soñar, xa que a falla de auga estase a converter nun pesadelo. Agora ben, non cantemos vitoria nin botemos o carro diante dos bois: o que choveu só é un ínfimo alivio, necesitamos un verdadeiro outono e un verdadeiro inverno. Precisamos que rebenten fontes e manantíos, que enchan os ríos e, sobre todo, afastarnos do risco do racionamento.

Esta seca será unha boa cousa se aprendemos a facer un uso racional da auga en tempos de fartura. Se esta lección fica aprendida, o rebentar dos manantíos será moito máis produtivo...

Eu desexo un outono de verdade e un gran inverno. Un inverno de choiva, frío e neve que devale en doce primavera agromada en paisaxe autóctona. Non sei se virá pero si sei que, se volveramos ao clima que nos é propio, no pechar dos ceos alborexaría un claro porvir...
Eu desexo, por igual, fartura e un uso racional da fartura...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES