Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A peor lacra de todas

lunes, 04 de septiembre de 2017
A peor lacra de todas
Recuncho Hebdomadario
A peor lacra de todas

Falaba a semana pasada sobre as lacras que temos hoxe en día e a última ía sobre a seca, que, por certo, segue. Pero cando non segue, cando precisamente ese Recuncho estaba nas pranchas de La Región, unha sarabiada veu a amargarlle a vida ós labregos, e nesta ocasión, maioritariamente ós viticultores do Ribeiro. A min, particularmente, o tempo climatolóxico esnaquizoume a viña por segunda vez. Na primeira fora a xeada e tivera que podala toda de novo. E agora arrasouna a pedra de tal maneira que xa tiven que vendimar as pouquiñas uvas que estaban un pouco ben. Unha miseria, claro. De 683 cestos que collín o ano pasado, acabo de recoller, de apañar 190. De 15.000 quilos creo que non chego ós 3.000 (aínda non fun recoller a pesada). Outro atranco, outro trastorno por culpa da xeada e da pedra: que teño que vendimar en varias quendas: xa vendimei as uvas brancas que servían, dentro dunha semana empezarei coas de clase que poidan servir e a finais deste mes ou principios do que vén haberá que vendimar de novo as que quedaron por verdes e a ver se valen ou se aguantaron. Un desastre! Logo, para máis aquel, e por se alguén pensa que a vida do viticultor ou do labrego non é tan negra como a pintan, aínda teño sen cobrar a colleita do ano 2015. Claro que a este respecto penso tomar medidas xa esta semana. Se ese bodegueiro non paga polas boas, xa o farán pagar polas malas. E co que eu odio andar en barullos, en confrontacións. Mais non me deixa outra opción; xa que tampouco é plan de andar de escravos para que outros vivan e se rían á conta dun. Si, é verdade, non hai peor lacra que o propio ser humano. Confías un pouco nel e cando te decatas xa se converteu no piollo que non ves.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES