Así se chama a iniciativa que a Concellaría de igualdade de San Sadurniño organiza para o dia 16 de setembro ás 18:30 no pátio do prazo municipal um recital poético musical no que ten unha importante participación a poesía chairego.
Varias das persoas integrantes da Nova Poesía Galega achegaranse a San Sadurniño para participar neste evento que ten como finalidade visibilizar a creatividade literaria feminina e o seu compromisso pola igualdade e contra a violência machista.
Ao evento asistirán da NPG Nova Poesia Guitirica, Xelo Teijido, Mar Beres, Pas Veres e Antón de Guizán así como os vilalbeses María Xosé Lamas, e Martiño Maseda, a poeta do rural de Quiroga Ana Vila Portomeñe e a pontesa Silvia Pardo Galdo. Tamén estará a poeta de Labrada, Luz Campello Garcia (NPG) que ademais de ser unha profesional no ámbito do social tamén acaba de publicar Inventario do prohibido" no que se fai unha chamada á igualdade real entre mulleres e homes.
Todos e todas traerán os seus versos ao patio interior da Casa do Concello, onde tamén poderemos escoitar as interpretacións da nativa de San Sadurniño Noreia Hermida Pérez ao piano e a frauta traveseira. O acto pecharao a cantautora Sandra Tenreiro e como peche contaremos coa actuación da profesora de Guitiriz co seu último traballo "InfuSons".