Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 29 de agosto de 2017
Hai seca. Moita seca

Pasan os coches. Quenta o sol. A fonte da rotonda onde remata a rúa da Saínza pinga auga para arriba. Non, non é complicado; porque axiña baixa. Espero, confío e desexo que a auga desta fonte vaia para algún lugar, é dicir, que sexa de utilidade. Sería un crime perdela neste verán. Pola seca. Pola seca desta estación. Pola seca de todo o ano. Hai moita seca. Seino ben. No traballo estou a cargo dunha estación metereolóxica que hai no Toural de Maceda, á que lle teño que instalar e recoller unhas gráficas todos os luns e, aseguro, que as do puvliómetro non se moven un carallo, ou sexa, liña continua durante semanas. Hai seca. Moita seca. Xa vedes que os concellos empezan a tomar medidas. A verdade é que semella raro que nun país coma Galicia, cheo de ríos, regatos, lagoas, regueiros, caldeiras, fontes, incluso pozos, teñamos esta seca. Un dos remedios podía ser que, eses afeccionados a cuspir polas rúas, se citasen por medio das redes sociais e cuspisen, por exemplo, na lagoa da Antela e, así, os da comarca da Limia xa terían auga. Auga tratada, claro. A ver quen bebe da…Pingas de orballo

Xa me sinto cheo

Así, sen parar mentes, podo dicir que xa empezou a liga de fútbol. Así, da man para o pé, Pingas de orballorecalco tamén que empezou a volta ciclista a España. Xa está. Xa é abondo para, deportivamente, sentirme cheo... de moral. É certo que lle tiña ganas á liga. Que si, que xa tiña mono de fútbol. Nos veráns que non hai Mundial nin Eurocopa deberían de inventar algo, outro trofeo importante para seguir enganchados ó fútbol. Xa sei que para moitos está mal visto tanto fútbol, tanto fútbol. Pero tamén están moi mal vistos os funcionarios e, non obstante, que bonito é ser funcionario! E que ben se vive, carallo! O que vive ben, claro. É verdade que reitero moitas veces que o ciclismo aínda me gusta máis có fútbol. Certo. E procuro ver todas as etapas. Porque alucino cos esforzados da ruta; coas súas escapadas, cos seus abanicos, cos seus golpes dos cadrís cando soben montañas que nin as cabras. Agora mesmo recoñezo que estou na gloria. A pena é que O Celta e o Dépor empezaron perdendo. Claro que xa se sabe que a alegría na casa do pobre dura pouco. Pero hai fútbol para darlle cun sacho.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES