Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venturosos os ricos

miércoles, 13 de junio de 2007
Polo menos en Galicia. Boa ventura teñen os trinta e oito mil galegos que teñen máis de douscentos mil euros e entran na categoría de “ricos”, dignidade que moito leva cambiado desde o tempo en que ser “millonario” supoñía ter un millón de pesetas e ser considerado un potentado.

Ese nivel dos douscentos mil é o primeiro chanzo da riqueza, estando nun segundo (entre douscentos mil e cincocentos mil euros) arredor de vinteseis mil galegos. Entre cincocentos mil euros e tres millóns hai máis de once mil galegos. Arredor de 750 entre tres e dez millóns. E 69 de máis de dez millóns de euros. É case imposible facerse á idea da significación dese poderío económico.

Un estudio da división de banca privada do Santander facilita estes datos sobre os galegos venturosos, da bonanza de que disfruten, de que as súas fortunas non deixan de medrar, de que están entre nós.

A virtude especial que teñen os bens, os cartos, é a posibilidade de facelos traballar, de facelos render, ou de disfrutalos gastándoos.

Pero a virtude destes capitalistas é a de ser conservadores, non arriscar, non facer traballar eses patrimonios.

Hai moitos anos o pobo chamaba “ricos cochos” ós que herdaran o seu patrimonio e non facían máis que conservalo. Aboguemos pola “limpeza” dos patrimonios para que xeneren riqueza para os seus propietarios e para toda a comunidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES